Preguntas frecuentes

  • Como funciona o buscador?

    O buscador situado na zona superior da páxina resulta moi útil cando buscas un produto ou unha marca. Ao teclear o termo na caixa do buscador, van aparecendo os resultados máis similares para que poidas acoutar a túa busca (produtos que teñen este termo no seu título, categorías).

    Se ningún coincide co que solicitas, preme 'Buscar'. O resultado mostrará os artigos dispoñibles en función dos datos introducidos.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Teño problemas de conexión ao facer a miña compra

    Se tes problemas ao facer a compra, pode deberse á versión do teu navegador ou á súa configuración. As nosas webs son compatibles coas últimas versións dos navegadores que se actualizan automaticamente (Google Chrome e Mozilla Firefox) e coa versión 11 de Internet Explorer. Se navegas con Safari, a versión compatible é a 12.

    Tamén é recomendable verificares se os problemas se producen porque o teu navegador está configurado coa opción de nivel de seguridade “Alto”. Terás que acceder á epígrafe Opcións de Internet dentro do administrador de redes, apartado de Seguridade, e colocalo no nivel “Medio”.

    Se necesitas que che axudemos a encontrar a solución ou se tes algunha dúbida respecto ao funcionamento do noso sistema de compra, chámanos o 900 373 111 (se chamas dende un fixo) e o 901 464 111 (se chamas dende un móbil). Estaremos encantados de atenderte

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como encontro un produto?

    Para encontrar un produto, podes despregar o menú de navegación situado na esquina superior esquerda. Deste xeito, poderás acceder a todos os departamentos dispoñibles.

     

    Cada departamento conta con varias portadas, compostas por unha zona central, onde se expoñen os contidos máis destacados, e dous menús de navegación coas distintas categorías de produto e agrupacións, un lateral á esquerda e outro horizontal superior. A través destes, accedes ás listaxes de produto. Organízaas utilizando o rango de ordenación (maior desconto, novidades, máis vendidos) e accionando os diferentes filtros cualitativos (marca, prezo, cor...).

    Tamén podes acudir ao buscador situado na zona superior; o resultado mostrará os artigos dispoñibles en función dos datos introducidos.

    Unha vez que encontres o artigo, amplía a información premendo sobre o seu nome ou sobre a súa imaxe. Abrirase unha ficha de produto coas súas características detalladas, as variantes de cor ou medidas, as promocións aplicadas, as opcións de envío e devolución, a súa dispoñibilidade en centros e outros produtos relacionados. 

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como financio calquera produto adquirido no web?

    Se desexas acollerte a esta modalidade, debes elixir 'Pagamento aprazado' entre as opcións de pagamento que che ofrece a Tarxeta de El Corte Inglés, durante o teu proceso de compra.

    Unha vez recibida a túa orde de tramitación de pedido, enviarémosche un contrato de financiamento. Polo devandito contrato cargaranse gastos de xestión financiados en función do tipo de financiamento elixido

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • É seguro comprar no web?

    Cando tramitas o pedido, todas as compras a partir dese momento se efectúan baixo unha conexión segura que garante a confidencialidade de todos os teus datos.

    Conforme á nosa Garantía de seguridade e confidencialidade, en El Corte Inglés estamos especialmente interesados en ofrecer aos nosos clientes o máis alto nivel de seguridade e protexer a confidencialidade dos seus datos. Por iso, as compras son realizadas nun contorno de servidor seguro baixo protocolo SSL (Secure Socket Layer) e todas as comunicacións se transmiten encriptadas baixo un cifrado de 128 bits, que asegura o maior nivel de protección ás comunicacións.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
Contacte connosco
  • Para consultas relacionadas exclusivamente co sitio web 900 373 111 se chama desde un fixo
    901 464 111 se chama desde un móbil
    clientes@elcorteingles.es
Á súa disposición os 365 días do ano.
(Os días 24 e 31 de decembro só ata as 2:00 p.m. e consultas
relacionadas co servizo Click & Express ata as 4:00 p.m.)