12 tema nesta sección
  • Como me rexistro?

    Para rexistrarte, preme aquí. A continuación, pedirémosche encher unha serie de datos persoais e elixir un contrasinal que che servirá para sucesivas compras que realices no noso web.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que vantaxes obteño ao rexistrarme?

    Ao rexistrarte no web de El Corte Inglés obtés unha conta persoal que che permite adquirir produtos, recibir información sobre ofertas e promocións, coñecer a situación dos teus pedidos, acceder ao teu historial de compras xa realizadas... Ademais, na túa ficha de cliente quedan rexistrados os teus datos persoais e enderezos usuais, polo que non terás que volver enchelos en posteriores compras.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Necesito rexistrarme para comprar?

    Podes realizar as túas compras sen estares rexistrado/a, agás en Supermercado. Nese caso, has de encher un formulario cos datos domiciliarios e a forma de pagamento, que soamente se utilizarán para tramitar o pedido en curso.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como actualizo os meus datos?

    Se necesitas cambiar algún dos teus datos persoais, só tes que actualizar a túa ficha de cliente. A esta ficha podes acceder premendo no enlace 'Ola, cliente' situado na parte superior da páxina.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que uso fai El Corte Inglés dos meus datos?

    No momento en que te rexistras no noso servidor seguro ou realizas un pedido, incorporamos os teus datos persoais, domiciliarios e da túa forma de pagamento á nosa base de datos. Utilizámolos unicamente para tramitar o teu pedido, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultar do teu interese sempre que o solicites.

    Conforme coa nosa Política de seguridade e confidencialidade, en El Corte Inglés estamos especialmente interesados en ofrecer aos nosos clientes o máis alto nivel de seguridade e protexer a confidencialidade dos datos que nos achegan. Por iso, as transaccións comerciais son realizadas nun contorno de servidor seguro baixo protocolo SSL (Secure Socket Layer) e todas as comunicacións se transmiten encriptadas baixo un cifrado de 128 bits, que asegura o maior nivel de protección ás comunicacións.

    Ademais, dispoñemos dun sistema de avisos en pantalla que identifican os erros cometidos na introdución de datos e permiten ao cliente corrixilos en todo momento. Os datos correspondentes ao produto ou servizo contratado arquívanse electronicamente e os clientes poden acceder a eles en calquera momento.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que fago se non recordo o meu contrasinal?

    Se non recordas o teu contrasinal, preme no enlace Esquecín o meu contrasinal cando vaias identificarte e iniciar sesión. Só tes que facilitarnos o teu correo electrónico de usuario para que volvamos enviarche un novo contrasinal.

    Se non recordas o teu correo electrónico de usuario, podes chamar o teléfono 900 373 111, se chamas dende un teléfono fixo, ou no 901 464 111 se chamas dende un teléfono móbil ou escribirnos a clientes@elcorteingles.es

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como podo coñecer o estado do meu pedido?

    Para ver o estado dos teus pedidos, preme o enlace Consulta de todos os meus pedidos que encontrarás no menú esquerdo da túa conta de usuario. Dende aí poderás revisar en que estado se encontra o teu pedido: pendente de preparación, recollido, entregado...

     

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo rexistrarme como empresa ou autónomo?
    Si que podes rexistrarte como empresa e autónomo. Para facelo, entra aquí e preme no seguinte enlace: Es unha empresa ou un autónomo? A continuación, pedirémosche encher unha serie de datos que che servirán para sucesivas compras que realices no noso web.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Por que non recibín o correo de confirmación de rexistro?

    Se non recibiches o correo de confirmación de rexistro, proba a revisar a carpeta de Spam o Correo electrónico non desexado da túa conta de correo. Quizais se encontre aí.

    Tamén pode ser que non o recibiras debido a un problema técnico temporal, e é posible que apareza na túa bandexa de entrada pasados uns minutos.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo engadir varios enderezos de entrega?

    Para engadir máis enderezos á túa conta, preme o enlace O meu caderno de enderezos que encontrarás no menú esquerdo da túa conta de usuario. Dende aí poderás engadir e editar cantos enderezos queiras.

    Tamén poderás engadir un novo enderezo de entrega no Checkout ou cando selecciones se queres recibir o pedido na casa ou ir recollelo.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • ¿Cómo accedo a Mis Favoritos?

    O botón de acceso a “Os meus Favoritos” está situado na zona superior dereita da pantalla, xusto ao lado de “Axuda”

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como baleiro a miña lista de produtos favoritos?

    Para borrar os teus favoritos, podes facelo premendo na icona do corazón que verás á dereita do nome do produto. Aínda que de momento non é posible borrar produtos en bloque, si podes borrar as listas que crearas.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: A miña conta