6 tema nesta sección
  • Que é Click&Express?

    Click&Express é un servizo de envío con entrega a domicilio en 2 horas ou á hora que ti queiras.

    Tes á túa disposición máis de 150.000 artigos non voluminosos que podes comprar online e recibir rapidamente en máis de 54 cidades de España e arredores. A mellor opción se tes que facer un regalo urxente, necesitas unha solución rápida ou non podes esperar a facer a túa compra. 

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que pasos hei de seguir para solicitar unha entrega con Click&Express?

    Para solicitar unha entrega con Click&Express, debes seguir os seguintes pasos:

    PASO 1

    Se o produto que queres comprar ten dispoñible a Entrega en 2 horas, veralo indicado como un servizo destacado na súa ficha ou imaxe. Comproba se entregamos o produto no teu código postal: terás que facer clic na mensaxe Entrega en 2 horas e introducir o teu código postal.

     

    PASO 2

    Ao introducir o teu código postal, informarémoste se está dentro das nosas rutas de repartición ou indicarémosche os códigos postais que si teñen entrega na provincia indicada.

     

    PASO 3

    Ao engadir á cesta o teu produto, terás que seleccionar Entrega exprés en 2 horas ou á hora que ti queiras. Comproba o teu código postal e elixe tramo diario.

     

    PASO 4

    Unha vez comprobado o código postal, poderás cambiar o día e hora para recibir o teu pedido, por defecto está seleccionado o primeiro horario dispoñible.

     

    PASO 5

    Informarémoste detalladamente por correo electrónico e SMS (se así o prefires) do estado do teu envío.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • En que cidades está dispoñible o servizo Click&Express?

    O servizo Click&Express está dispoñible en 54 cidades e os seus arredores: Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas, Alcorcón, Móstoles, Getafe, Leganés, Barcelona, As Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, A Coruña, Albacete, Alxeciras, Alacant, Avilés, Badaxoz, Bilbao, Burgos, Cádiz, Cartaxena, Castelló, Córdoba, Cornellà, Eibar, Elx, El Ejido, Xixón, Xirona, Granada, Guadalaxara, Huelva, Xaén, Xerez, León, Linares, Málaga, Marbella, Mijas, Murcia, Oviedo, Palma de Mallorca, Pamplona, Sabadell, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Talavera, Tarragona, Valencia, Valladolid, Vigo, Vitoria e Zaragoza.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que horario ten o servizo Click&Express?

    Realizamos entregas dende as 12:00 h ata as 22:00 h de luns a sábado. Poderás elixir a entrega á hora que ti queiras, de hoxe ou de mañá.
    En Madrid tamén entregamos os domingos dende as 13:00 h ata as 20:00 h.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Canto custa o servizo Click&Express?

    As entregas con servizo Click&Express teñen un custo de 7,90 €.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo saber a que hora chegará o meu pedido Click&Express?

    No momento que contratas o servizo Click&Express, poñemos á túa disposición un sistema de seguimento en tempo real onde podes comprobar o estado do teu pedido: a súa confirmación e número, a que hora foi preparado e recollido no centro comercial e a que hora aproximada será entregado no teu domicilio.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Click&Express