2 tema nesta sección
  • Que é a entrega en 48 horas?

    É unha opción de entrega a domicilio nun prazo aproximado de 48 horas que inclúen a gran maioría de artigos no noso web. Os artigos sinalados con este indicativo están dispoñibles nos nosos almacéns, polo que podemos entregarchos nun prazo de dous días.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Cales son as condicións da entrega en 48 horas?

    A entrega en 48 horas está suxeita ás seguintes condicións:

    • Todos os artigos da cesta deben incorporar este indicativo para que o pedido sexa entregado ao mesmo tempo.
    • Naqueles produtos con varios talles e cores, hai que seleccionar previamente o talle e a cor que queremos para que se mostre se ten ou non entrega en 48 horas.
    • É un servizo válido para pedidos con entrega a domicilio en España peninsular (non se inclúen neste servizo os pedidos con recollida nos nosos centros El Corte Inglés e Supercor, nin os envíos a Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla).
    • Están excluídos sábados, domingos e festivos, así como todos os pedidos que se aboen con pagamento aprazado.
    • Na páxina de confirmación do teu pedido poderás verificar o prazo de entrega en 48 horas.
    • Se algunha circunstancia impedise cumprir este prazo de entrega, dende El Corte Inglés poñerémonos en contacto contigo para informarte e realizar o envío coa maior brevidade.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Entrega 48 horas