4 tema nesta sección
  • Podo solicitar a montaxe dun moble novo?

    Todos os mobles voluminosos inclúen servizo de montaxe gratuíta.

    Para solicitar a montaxe, só tes que comprobar se o produto a inclúe. Cando o engadas á túa cesta, aparecerá unha ventá preguntando se queres que o montemos.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo solicitar a posta en marcha dun electrodoméstico novo?

    Os grandes electrodomésticos inclúen posta en marcha gratuíta son: lavadoras e lavalouzas.

    Para solicitar este servizo só tes que comprobar se o produto a inclúe. Cando o engadas á túa cesta, aparecerá unha ventá preguntando se queres que poñamos o teu novo electrodoméstico en funcionamento.

    Se queres que instalemos o teu novo forno, placa ou campá, pídenos presuposto chamando o 902 22 44 11.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que tipos de posta en marcha gratuíta hai?

    A posta en marcha depende do grande electrodoméstico que compraras:

    • Lavadoras e lavalouzas

      Os nosos técnicos instalan, conectan e comproban no teu domicilio que todo funciona correctamente no momento da entrega, sen esperas e de xeito gratuíto.

    • Frigoríficos

      Cambiamos o sentido de apertura da porta do frigorífico, se o indicas no momento de realizar o pedido, nas marcas e os modelos que se indican na páxina do produto. Este servizo, se realizas o pedido a través do noso web, só che custará 15 €.

      Non enchufamos os frigoríficos ao facer a entrega porque é importante deixar un tempo de repouso antes de acendelos. Este tipo de electrodomésticos conteñen gases e líquidos especiais para poder arrefriar o frigorífico que, ao ter estado en movemento ao realizar o envío, deben estabilizarse e estar en repouso un tempo antes do arranque para que realicen a súa función correctamente.

    • Frigoríficos side-by-side con dispensador de auga/xeo con toma de auga

      Cando se entregue o pedido no teu domicilio, nun curto prazo de 24/48 horas, un técnico poñerase en contacto contigo para realizar a conexión e comprobación do funcionamento do frigorífico con prestación side-by-side con dispensador de auga/xeo con toma de auga.

      Para poder realizar esa conexión e comprobación, é necesario ter unha instalación adecuada no teu domicilio (toma de corrente eléctrica preto do frigorífico, por exemplo) e dispoñer dunha toma de auga na parte posterior onde se queira situar o frigorífico para poder conectar o dispensador de auga e xeo.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Hai servizo de instalación de aire acondicionado?

    Si hai servizo de instalación de aire acondicionado. Só tes que chamarnos o 902 22 44 11 e facilitarnos os teus datos. Un asesor poñerase en contacto contigo para informarte do prezo da instalación. Para axilizar a elaboración do teu presuposto, é necesario que achegues os seguintes datos:

    • Potencia e tensión eléctrica do teu domicilio.
    • Metros de cada un dos cuartos que queres arrefriar (longo x ancho x alto).
    • Ademais, recomendaranche o modelo do equipo que máis se axuste ás túas necesidades.

    Enviarémosche vía fax ou correo electrónico o presuposto, o cal deberás devolver coa túa conformidade, nun prazo máximo de 72 horas. Se no momento de realizar a instalación necesitas algún elemento adicional aos incluídos no paquete básico, o instalador informarate do seu prezo

    A instalación dos equipos inclúe os seguintes elementos:

    Paquete básico para equipos 1 X 1:

    • Ata 4 metros de liña frigorífica.
    • Ata 2 metros de cano interior.
    • Ata 4 metros de material de illamento.
    • Soporte e/ou silentblocs estáticos.
    • Ata 4 metros de conexión eléctrica.
    • Ata 4 metros de liña de desaugadoiro.

    Paquete básico para equipos 2 X 1:

    • Ata 8 metros de liña frigorífica.
    • Ata 4 metros de cano interior.
    • Ata 8 metros de material de illamento.
    • Soporte e/ou silentblocs estáticos.
    • Ata 8 metros de conexión eléctrica.
    • Ata 8 metros de liña de desaugadoiro.
    O día da instalación deberás:
    1. Indicarnos onde desexas instalar o teu equipo de aire acondicionado. No caso en que sexa necesario cambiar a situación, porque a indicada non sexa aconsellable, terás que darnos a túa autorización asinando a folla conforme.
    2. Unha vez realizada a instalación, só terás que asinarnos a folla conforme coa instalación realizada.

    Importante

    • As zonas onde vas instalar o equipo de aire terán que estar despexadas o día da instalación. (Con cadeiras de brazos, mesas e cadros retirados para facilitar o acceso e a tarefa de instalación do equipo).
    • Os cambios de situación das unidades unha vez instaladas irán por conta do cliente.
    • Só se poderá instalar o sistema de aire acondicionado en lugares onde as normas de seguridade o permitan. 
    • No caso que necesite permisos e licenzas, serán xestionados polo cliente.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Servizo de instalación