Ir directamente ao contido principal

El Corte Inglés

Atención ao cliente: 901 122 122
  • Bienvenido
  • Benvinguts
  • Benvidos
  • Ongi etorri
  • Benvingut
  • Welcome

Xerais

  • Tarxeta de Compra El Corte Inglés

    Para que poida comprar canto desexe e no momento que máis lle conveña, sen necesidade de levar diñeiro enriba. Conseguila non lle custará nada. Mensualmente recibirá a información das súas compras e cargarémolas no seu banco, segundo a modalidade de pagamento elixida, o último día do mes seguinte no que realice as súas compras. Se desexa máis información, prema aquí.
  • Tarxeta de Crédito

    Ademais da Tarxeta de Compra El Corte Inglés, admítense en todos os puntos de cobramento as seguintes tarxetas de crédito: VISA, Mastercard, 4B, Tarxeta 6000, American Express, Diners Club International e JCB Card.
  • Tarxeta Regalo

    Deste xeito pode realizar un regalo persoal sen a dificultade da elección, e polo importe que desexe. A persoa obsequiada, poderá utilizalo en calquera dos nosos Departamentos.
  • Financiamento

    Coa nosa fórmula persoal de pagamento, resólvese o problema do financiamento. Pode pagar ata en 36 meses, a partir de 30 € mensuais (máis información: 901 122 122). Con operacións a 3 meses incluiranse 10 € de gastos de tramitación. Financiamento ofrecido por Financiera El Corte Inglés, E.F.C. S.A. Se desexa máis información, prema aquí
  • Departamento de Servizo ao Cliente

    En todas as nosas Tendas tes abertas as portas dos nosos Departamentos de Servizo ao Cliente, para calquera dúbida ou suxestión que che poida xurdir, sempre en horario comercial. Ven a vernos.
  • Fale connosco

    Ofrecémoslle unha páxina de diálogo onde poderá contactar connosco. Ademais, o tradicional Servizo telefónico para establecer unha liña directa con El Corte Inglés. De luns a domingo, os 365 días do ano en horario comercial, estamos á súa disposición para calquera consulta ou suxestión no teléfono 901 122 122.
  • Listas de Voda

    Poñemos a disposición dos noivos e os seus convidados a extensa gama de artigos existente nas nosas Tendas. Ademais, ofrecémoslles aos noivos outras vantaxes adicionais, como a bonificación de ata o 10% en case todas as compras que a parella realice, entre os 6 meses previos e os 12 seguintes á súa voda.
  • Punto de Atención de Moda

    Infórmalle no centro sobre as últimas tendencias, saber un talle para facer un agasallo ou coordinar unha imaxe. O Punto de Atención de Moda está situado na planta de muller dos centros.
  • Caixeiros automáticos bancarios

    A través deles pódese dispoñer de diñeiro en efectivo en calquera momento, sen saír das nosas Tendas.
  • Carta de compras

    Para comprar comodamente en calquera dos nosos departamentos, sen a molestia de cargar con paquetes, desta forma poderá recoller todos os seus paquetes xuntos, ao finalizar as súas compras, e aboar o importe total do adquirido nun só punto.
  • Aparcadoiro

    Para facilitarlle o acceso en automóbil, case todas as nosas Tendas dispoñen de aparcadoiro propio. En xeral, se realiza unha compra superior ao importe estipulado en cada Centro, coa Tarxeta de Compra El Corte Inglés, as dúas primeiras horas de estancia serán gratuítas.
  • Salóns de peiteado

    Os nosos salóns de peiteado, situados dentro dos nosos centros comerciais, están á súa dispoñibilidade durante todo o horario do centro tanto para homes como para mulleres e para nenos.
  • Reserva no Restaurante

    Pida a súa reserva para xantar no Restaurante de cada centro ao noso persoal do Punto de Información.
  • Pedido telefónico

    Este servizo permítelle realizar a compra do supermercado e artigos de limpeza sen desprazamentos, só ten que chamarnos por teléfono ou comunicarse por fax e enviarémoslle o seu pedido. 
  • Taller do Automóbil

    Poñemos á súa disposición todo un Departamento especializado no coidado e mantemento do seu automóbil, cun servizo de instalación e montaxe no automóbil dos accesorios comprados, a variedade máis completa e o servizo de montaxe máis profesional.
  • Envíos a domicilio

    Nos Departamentos de Alimentación ou Limpeza, se realiza unha compra superior ao importe estipulado en cada Centro, enviámoslle á casa as compras que non poida levar persoalmente. 
  • Empaquetado Especial

    Para que ese regalo tan especial quede perfecto, ou para que a compra máis fráxil chegue ao seu destino final en perfectas condicións, co empaquetado máis idóneo e sen recarga ningunha.
  • Venda de Entradas

    Aquí poderá mercar entradas para concertos, teatro, deportes, espectáculos infantís 9
  • Viaxes El Corte Inglés

    Situadas dentro dos nosos Centros Comerciais. Nelas, vostede pode mercar billetes de avión, tren, barco, reservar en hoteis, alugar coches 9
  • Club do Gourmet

    Para levar ao seu país o máis selecto da nosa gastronomía. Unha bodega de excepción, uns aceites de luxo e unha selección de artigos gastronómicos de prestixio nacional e internacional.
  • Cafetería e Restaurante

    Qué mellor sitio que a nosa Cafetería e Restaurante para facer unha parada nas súas compras e gozar dun bo almorzo, aperitivo, xantar ou merenda 9 No restaurante contamos con comedores privados. Visite tamén o noso Recuncho do Café.
  • Garantía

    A garantía do El Corte Inglés: se non queda satisfeito devolvémoslle os seus cartos.

© El Corte Inglés S.A. - Todos os dereitos reservados