Informámolo e aconsellámolo sobre as últimas tendencias, as Firmas Internacionais, cerimonias e actos sociais, os complementos ... orientándoo sobre a compra máis idónea para vostede ou sobre como elixir os seus regalos.
Conservación de peletería
Para que as súas prendas de pel non sufran os rigores do verán, e estean nas mellores condicións cada tempada, ofrecémoslle as nosas propias cámaras de conservación e limpeza para prendas de pel.
Noivas
Nas nosas Tendas pode atopar todo o necesario, co asesoramento de especialistas: Pronovias, Novissima...
Talles Grandes e Pequenos
Nos nosos departamentos de Talles Grandes e Talles Pequenos para muller e de Talles Grandes para home, atopará o que busca para cada ocasión, sexa cal sexa a súa medida. E no departamento de Talles Especiais de Zapataría, temos zapatos de pel, ante, nobuk, con largos especiais ..., todo para o seu confort.
Xastraría á medida
Dálles ese toque tan persoal aos seus traxes e camisas confeccionados por mestres xastres, auténticos especialistas en crear e deseñar adaptándose a vostede. Sempre coa máxima calidade de tecidos e un acabado excepcional.
Taller de composturas
Con expertos xastres e modistas, preparados para facer aqueles arranxos que personalizan a moda.