Ludoteca: Maravillas

Ocio

Medium ludotecasmaravillas500x500px  1

Maravillas é un proxecto de conciliación da vida familiar: Para os nenos é un espazo de diversión, de xogos e de formación complementaria, e para os seus pais é tempo de compras ou tempo de relax. As Ludotecas Maravillas constitúen espazos innovadores e pioneiros de ocio-educativo para rapaces desde os 2 ata os 10 anos. Os servizos inclúen celebracións de aniversarios, días sen cole, obradoiros creativos, club infantil, actividades extraescolares (actividades en inglés, apoio ao estudo, música e  movemento, animación á lectura, teatro) e campamentos urbanos.