![]() |
![]() |
|
|
|
|
Axuda |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Como pagar Poderá pagar as súas compras coa tarxeta El Corte Inglés, coa súa tarxeta de crédito ou débito (visa, MasterCard, 4B Tarxeta Euro 6000, American Express, Diners Club e JCB Card) ou ao contado, no momento de recibir o seu pedido (só para pedidos da Península e Baleares, agás en Flores, Grandes electrodomésticos e Xardín). Nota.- Os pedidos do supermercado en Canarias tamén poden pagarse ao contado. Outras opcións de pagamento coa tarxeta El Corte Inglés: 1. Pague 3 meses sen intereses. (Bebés, Deportes, Electrónica e fogar, Informática, Xoguetes, Libros, Moda -excepto lenzaría e baño-, Música, Películas, Telefonía, Videoxogos) Se desexa acollerse a esta modalidade, na páxina de "Forma de pago" seleccione a fórmula " Teña en conta que o importe mínimo do recibo mensual é de 30 €. Os gastos de tramitación son de 10 €. Nota.- Para os pedidos con pagamento aprazado, o prazo de entrega é de 10 días laborais, contados a partir da data de recepción do contrato na Península e Baleares e de 21 días en Canarias. Os pedidos que inclúan algún artigo da tenda de viños ou da tenda de perfumería e cosmética non poderán ser financiados. 2. Fórmula persoal de pagamento. (Bebés, Deportes, Electrónica e fogar, Informática, Xoguetes, Libros, Moda -excepto lenzaría e baño-, Música, Películas, Telefonía, Viaxes, Videoxogos) Para que poida comprar canto desexe e no momento que máis lle conveña, Para realizar calquera modificación na súa compra a prazos, poderá informarse no teléfono de Atención ao Cliente 902 119 368 ou a través do noso enderezo de correo electrónico clientes@elcorteingles.es. Se ten en trámite un pagamento aprazado, mediante a nosa fórmula persoal de pagamento pode consultar o seu estado dende esta mesma páxina; para iso, prema aquí. Para simular o cálculo dunha compra aprazada mediante a nosa fórmula persoal de pagamento, prema aquí e introduza o importe que desexe aprazar en euros ou en PESETAS e o número de meses (só para operacións cuxo aprazamento de pago estea comprendido entre 4 e 36 meses). Nota.- Para os pedidos con pagamento aprazado, o prazo de entrega é de 10 días laborais, contados a partir da data de recepción do contrato na Península e Baleares e de 21 días en Canarias. Os pedidos que inclúan algún artigo da tenda de viños ou da tenda de perfumería e cosmética non poderán ser financiados. Viaxes. Poderá pagar as súas compras coa tarxeta El Corte Inglés (agás os produtos Hoteis internacional, Alugamento de vehículos e Billetes de autocar) e coa súa tarxeta de crédito (Visa, Master Card, American Express e Dinners Club). |