![]() |
![]() |
|
|
|
|
Axuda |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Condicións especiais Os envíos de artigos de moda, complementos, reloxos, libros, música, películas e videoxogos realízanse a calquera destino, tanto en España coma no resto do mundo. Os envíos de artigos de electrónica, fogar, informática, deportes, maletas, viños e bebés realízanse a destinos da Unión Europea (excepto Ceuta e Melilla): España peninsular, Baleares, Canarias e países da Unión Europea (quedan excluídos os grandes electrodomésticos, que só serán enviados ás zonas de repartición que poden ser seleccionadas ao adquirir este tipo de artigos). Os envíos de artigos de perfumaría e cosmética só se realizan a destinos de España peninsular, Baleares e Canarias. Os envíos de tarxeta regalo só se realizan a destinos de España peninsular e Baleares. Os envíos de artigos de Xoiería só se realizan a destinos de España peninsular e Baleares. Os envíos de artigos de xoguetes realízanse exclusivamente a España (Ceuta e Melilla incluídos) e países da Unión Europea. Os envíos de flores, cestas de froita e cestas de nacemento só se realizan a destinos de España peninsular. Antes da adquisición de certo tipo de artigos interésalle coñecer esta información: Cinema (vídeos e DVD) O sistema de emisión en España é o sistema PAL, polo que todos os títulos que están á venda necesitan reprodutores que emitan neste sistema. Videoxogos Os xogos de consola de sobremesa (Playstation 2, Playstation 3, Xbox, Xbox 360, Game Cube, Nintendo Wii...) funcionan exclusivamente en televisores con sistema PAL. Os vídeos domésticos, discos, videoxogos ou outros produtos susceptibles de copia inmediata só poderán cambiarse por outro titulo idéntico. Viños A venda de alcohol está prohibida aos menores de 18 anos. Perfumaría Pódense adquirir como máximo cinco unidades no mesmo pedido. Bicicletas As bicicletas entréganse na súa embalaxe orixinal, polo que necesitan un axuste final antes da súa utilización. Armas Só se tramitará o pedido logo da recepción da documentación necesaria en vigor (fotocopia do DNI e do Permiso de Armas da persoa que vaia figurar como propietaria da arma). Os envíos están limitados á España peninsular e non se poderá realizar o pagamento ao contado. Prevendas Nas nosas tendas de comercio electrónico, vostede terá a posibilidade de reservar unha serie de artigos antes de que estes se poñan á venda. Nestes casos, indicámoslle que non poderemos enviar o pedido antes das datas de lanzamento marcadas polas compañías (estas datas poden ser modificadas polas compañías sen aviso previo). |