![]() |
![]() |
|
|
|
|
Axuda |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Garantía e devolución dun artigo Garantía O Certificado de Garantía que emite El Corte Inglés, S. A. garante a calidade do produto que ampara, nos termos legalmente establecidos, durante un período de dous anos a partir da data de entrega. Non se inclúen as deficiencias ocasionadas por neglixencias, golpes, uso ou manipulacións indebidas, tensión non idónea, instalación incorrecta non efectuada polo servizo técnico autorizado, cando proceda, nin materiais sometidos a desgaste polo seu uso normal. No caso de artigos informáticos, a garantía non cubrirá a eliminación de virus, restauración de programas por este motivo ou a reinstalación do disco provocada polo seu borrado. Naquelas incidencias que xustifiquen o uso da garantía, óptase pola reparación, substitución do artigo, rebaixa ou devolución, nos termos legalmente establecidos. A garantía perderá o seu valor: - Se se modifican, alteran ou substitúen algúns dos seus datos ou do xustificante de compra. - Se se manipula ou repara tanto o número identificativo como o propio aparato garantido sen coñecemento do servizo técnico. - Se carece da sinatura ou selo do establecemento. Para facer uso da garantía, é imprescindible a presentación do certificado de garantía, xunto co xustificante de compra. Para facer efectiva a garantía contacte connosco no teléfono 902 119 368 ou envíenvos un correo electrónico ao seguinte enderezo clientes@elcorteingles.es. Devolución dun artigo Os artigos ofrecidos nas nosas tendas están avalados por importantes empresas comerciais. Ofrecer a máxima calidade e a mellor garantía é o noso compromiso cos nosos clientes. Se cando reciba o seu pedido non queda satisfeito, ten un prazo de sete (7) días, contados dende a data de recepción, para executar o dereito de devolución. Devolucións dende o domicilio de envío: En caso de devolución, os gastos de envío non serán reembolsados. Así mesmo, os gastos de recollida serán por conta do cliente (equivalen ao importe do envío que corresponda ao tipo de produto adquirido e ao destino enviado, salvo no caso de grandes electrodomésticos, mobles, cadeiras de brazos e sofás, neste caso os gastos de recollida serán de 20 €). Para realizar a devolución, o produto deberá estar en perfectas condicións, na súa embalaxe orixinal e cos manuais, accesorios ou regalos promocionais incluídos, se for o caso. Unha vez recibida a mercadoría nos nosos almacéns, e logo da comprobación do seu estado, procederase ao reintegro do seu importe conforme á modalidade de pagamento realizada polo cliente. En calquera caso, admitirase a devolución dos produtos defectuosos e envíos erróneos, e será El Corte Inglés quen se fará cargo dos gastos de envío sempre que o cliente comunique esta circunstancia no prazo de sete (7) días contados dende a data de recepción do envío. Para realizar a súa devolución, envíenos un correo electrónico a través do seguinte enderezo: clientes@elcorteingles.es ou ben chame ao 902 119 368. Devolucións nos nosos centros comerciais: Os artigos adquiridos por internet (www.elcorteingles.es) tamén poden ser devoltos nos nosos centros comerciais. As devolucións realizaranse exclusivamente naqueles centros de El Corte Inglés onde se comercialice a mercadoría que se desexa devolver. Non se admitirán devolucións nos centros de Tiendas El Corte Inglés, Hipercor, Supercor e Opencor. Para realizar a devolución, o produto deberá estar en perfectas condicións, na súa embalaxe orixinal e cos manuais, accesorios ou regalos promocionais incluídos, se for o caso. Logo da comprobación do estado da mercadoría, procederase ao reintegro do seu importe conforme á mesma modalidade de pagamento realizada no seu momento. Para realizar a devolución deberase presentar o talón de venda/devolución remitido xunto ao pedido. Están excluídos do sistema de devolución nos centros os produtos voluminosos (máis de 20 kg de peso), os de venda exclusiva en internet e os artigos de alimentación, bebidas, limpeza e hixiene persoal. O importe máximo da mercadoría para devolver non poderá superar os 1.500 euros. Nos centros comerciais non se admitirán devolucións de envíos recibidos fóra de España, Ceuta ou Melilla. Os envíos a Canarias poderán ser devoltos nos centros da devandita comunidade. Os gastos de envío só serán reembolsábeis no caso de envío erróneo ou produto defectuoso. El Corte Inglés S. A. realiza a venda e distribución dos produtos ofertados neste servizo. As operacións de venda enténdense realizadas na rúa Hermosilla, 112. 28009 - Madrid (España). Os vídeos domésticos, discos, videoxogos ou outros produtos susceptibles de copia inmediata só poderán cambiarse por outro título idéntico.
|