El Corte Inglés

Venta telefónica 24 horas: 902 22 44 11

Cesta

Comercio
electrónico:

Información
Xeral:

 

Axuda

Como comprar

Comprar nas nosas tendas é moi sinxelo: só ten que elixir un artigo, incorporalo á cesta premendo sobre a icona do carriño e tramitar o pedido, empregando o medio de pagamento que prefira.

Se desexa coñecer este proceso máis detalladamente, prema aquí.

Se lle resulta máis cómodo, tamén pode realizar telefonicamente a compra de case todos os nosos artigos. Simplemente, elixa o que desexe e chame ao 902 22 44 11.

El Corte Inglés S.A. con NIF A-28017895 (inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, Tomo 677 Xral. 61 Sección 4ª do L. de S. Folla 8085 Folio 182) realiza a venda e distribución dos produtos que se ofrecen neste servizo. As operacións de venda entenderanse realizadas na rúa Hermosilla, 112. 28009 Madrid (España).

A compra de certo tipo de artigos está suxeita a algunhas condicións especiais (sistemas de emisión para películas e videoxogos, restricións á venda de bebidas alcohólicas, prevendas...). Se as quere coñecer máis polo miúdo, prema aquí.

O prezo dos nosos artigos e servizos é o que se indica en cada momento no noso sitio web.

Se se detectase que existiu un erro na introdución do prezo dun artigo con posterioridade á recepción dun pedido, poñerémonos en contacto con Vde. o antes posible para informalo da incidencia e ofrecerlle a opción de cancelación ou mantemento nas condicións correctas. A remisión de confirmación automática non valida condicións de prezo erróneas. En caso de cancelación seralle reintegrada calquera cantidade que tivese sido aboada. Sen a súa expresa conformidade ás condicións de prezo correctas, non se procederá a dar curso ao envío.

© El Corte Inglés S.A. Todos os dereitos reservados.