El Corte Inglés

Venta telefónica 24 horas: 902 22 44 11

Cesta

Comercio
electrónico:

Información
Xeral:

 

Axuda

Datos do cliente: rexistro, modificación, política de seguridade e confidencialidade

Para realizar as súas compras nas nosas tendas ou acceder a determinados servizos, deberá rexistrar os seus datos persoais e elixir un contrasinal que lle permitirá acceder a todas aquelas zonas que requiran unha identificación previa. Isto evitará que, a partir deste momento, os teña que volver cubrir. No momento no que vostede se rexistra no noso servidor seguro ou realiza un pedido, os seus datos persoais, domiciliarios e os relativos á súa forma de pagamento incorpóranse á nosa base de datos e utilizaranse unicamente para tramitar o pedido, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultar do seu interese. En calquera momento poderá modificar os datos do seu rexistro de cliente (cambio de domicilio, teléfono...) ou solicitarnos o recordatorio do seu contrasinal, se o esqueceu. Se o quere facer agora ou desexa rexistrarse neste momento, prema aquí.

De acordo coa nosa garantía de seguridade e confidencialidade, en El Corte Inglés estamos especialmente interesados en lles ofrecer aos nosos clientes o máis alto nivel de seguridade e en protexer a confidencialidade dos datos que nos achegan. Por iso, as transaccións comerciais realízanse nun ámbito de servidor seguro baixo protocolo SSL (Secure Socket Layer) e as comunicacións transmítense encriptadas baixo un cifrado de 128 bits, o que asegura o maior nivel de protección das comunicacións.

Dispoñemos dun sistema de avisos en pantalla que identifican os erros cometidos na introdución de datos e permiten ao cliente corrixilos en todo momento. Os datos correspondentes ao produto ou servizo contratado arquívanse electronicamente e os clientes poden acceder a eles en calquera momento.

Se nalgún momento ten problemas para acceder a algunha parte da nosa web, pode deberse ao modelo ou versión do seu navegador ou á configuración das opcións deste (para máis información, prema aquí). Se necesita que lle axudemos a atopar a solución ou se ten algunha dúbida con respecto ao funcionamento do noso sistema de compra, chámenos ao 902 22 44 11. Estaremos encantados de atendelo.

Ademais de ser socios fundadores da @ECE (Asociación Española de Comercio Electrónico), El Corte Inglés está adherido a Confianza Online, un sistema de resolución das posibles controversias que se poidan dar entre consumidores e empresas no ámbito do comercio electrónico e da publicidade interactiva, apoiado por un gran número de asociacións empresariais, o Instituto Nacional de Consumo, a Axencia de Protección de Datos e polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, como cliente de El Corte Inglés poderá, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándollo por escrito a El Corte Inglés, S.A., Ref. LOPD, Hermosilla, 112 - 28009 Madrid (España) ou a través do noso enderezo de correo electrónico: clientes@elcorteingles.es.

© El Corte Inglés S.A. Todos os dereitos reservados.