El Corte Inglés

Venta telefónica 24 horas: 902 22 44 11

Cesta

Comercio
electrónico:

Información
Xeral:

 

Axuda

Garantía de seguridade

En El Corte Inglés estamos especialmente preocupados pola seguridade e por asegurar a confidencialidade dos datos achegados polos nosos clientes. Por iso, ademais de ser socios fundadores da @ECE (Asociación Española de Comercio Electrónico), estamos adheridos a Confianza Online un sistema de resolución das posibles controversias que se poidan dar entre consumidores e empresas no ámbito do comercio electrónico e da publicidade interactiva, apoiado por un gran número de asociacións empresariais: o Instituto Nacional de Consumo, a Axencia de Protección de Datos e polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

No momento no que un cliente se rexistra no noso servidor seguro ou realiza un pedido, os seus datos persoais, domiciliarios e os relativos á súa forma de pagamento, son incorporados á nosa base de datos, que se utilizará unicamente para tramitar o pedido, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultar do seu interese.

El Corte Inglés asegura a confidencialidade dos datos achegados polos nosos clientes e garante que, en ningún caso, será cedida a terceiras empresas alleas ao noso grupo.

Lei de protección de datos (LOPD).

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, como cliente de El Corte Inglés poderá, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándollo por escrito a El Corte Inglés, S.A., Ref. LOPD, Hermosilla, 112 - 28009 Madrid (España) ou mediante correo electrónico pulsando aquí.

Información adicional sobre os nosos sistemas de seguridade
e de garantía de protección de datos persoais

Internet é un medio de comunicación e tamén un novo medio que posibilita realizar transaccións comerciais a través da rede. Por iso, unha das principais preocupacións por parte dos usuarios que utilizan internet é a seguridade dos datos na rede.

Como transacción de comercio electrónico enténdese todo o proceso de realización dun acordo comercial, incluíndo o contacto entre ambas as dúas partes: cliente e empresa. Os aspectos que debe de reunir toda transacción comercial deben ser:

  1. A autenticación, que nos garante a personalidade xurídica ou física coa que nos comunicamos.
  2. A Integridade, é dicir que o contido da comunicación entre ambas as dúas partes non pode ser modificado.
  3. A confidencialidade, que consiste na garantía de que ninguén non autorizado poida coñecer o contido da comunicación.

Proceso de compra en El Corte Inglés

A seguir, descríbense os procesos que interveñen na compra a través do servidor deEl Corte Inglés:

1. Rexistro de clientes.
O cliente rexístrase cubrindo nun formulario os seus datos persoais e de pagamento e dándose de alta no sistema cun nome de usuario e unha clave determinada por el mesmo. Este proceso implica o envío de datos, o cal se realiza de forma segura mediante o emprego dun sistema avanzado de seguridade SSL (Secure Socket Layers). A maioría dos navegadores existentes aceptan o SSL, pero ante calquera dúbida diríxase aoseu provedor de acceso a internet.

Ao realizar unha transacción que implique intercambio de información confidencial, accédese automaticamente á zona segura do servidor, e o navegador indica esta circunstancia mediante a visualización dunha URL do tipo https://libros.elcorteingles.es, e visualízase no navegador unha icona en forma de cadeado pechado.

A partir deste momento, calquera envío de datos se realiza de forma totalmente segura.

2. Cesta da compra.
O cliente navega polas nosas tendas incorporando á súa cesta da compra aqueles artigos que desexe comprar.

As cookies son pequenas pezas de información queEl Corte Inglés necesita para coñecer os intereses dos nosos clientes e non conteñen ningún tipo de información persoal. A maioría dos navegadores aceptan automaticamente cookies, pero tamén é posible configuralos para a súa non aceptación. Nese caso poderá navegar, pero quizais non teña acceso a algunhas funcións das nosas tendas.

3. Tramitación do pedido.
Unha vez finalizado o proceso de selección de artigos, pásase ao apartado de confirmación do pedido, no que se lle solicita ao cliente que se identifique, no caso de que se rexistrase anteriormente e, no caso de que non o fixese, pídeselle que se rexistre.

No caso de que o cliente estea rexistrado, os seus datos persoais xa están aloxados no noso servidor seguro e non viaxan pola rede. Ademais, se é titular da TarxetaEl Corte Inglés e o indicou na súa ficha de rexistro, o número desta tampouco viaxa no caso de que a utilice como forma de pagamento do pedido.

Esta fase realízase de forma totalmente segura, ao estar integrada dentro do noso servidor seguro.

Recomendacións e precaucións.

Estas son algunhas das precaucións que aconsellamos que deben de tomar os nosos clientes:

  1. Non lle facilitar a ninguén o usuario, nin o contrasinal.
  2. Non o apuntar en lugares de fácil acceso: ordenador, axenda....
  3. Utilizar sempre o noso sistema de seguridade SSL.
  4. Desconectar sempre a sesión do navegador despois de acceder a unha zona de seguridade ou de introducir ao sistema o usuario ou contrasinal.

Volver

© El Corte Inglés S.A. Todos os dereitos reservados.