El Corte Inglés

Venta telefónica 24 horas: 902 22 44 11

Cesta

Comercio
electrónico:

Información
Xeral:

 

Axuda

Vantaxes do noso comercio electrónico

Un sitio onde realizar as súas compras con toda a garantía de calidade e servizo de El Corte Inglés. E xa sabe, se non queda satisfeito, devolvémoslle o seu diñeiro.

Deportes

- Todo o que necesita para practicar o seu deporte favorito: aeróbic, fútbol, pádel, montaña...
- Os mellores prezos, as mellores marcas e todas as novidades.
- Posibilidade de consultar a súa talla, para que a súa compra sexa rápida e sinxela.

Electrónica

- Sempre atopará o último en tecnoloxía: cámaras e videocámaras dixitais, televisores LCD-TFT e plasma, reprodutores MP3, home cinema, reprodutores e grabadores DVD, equipos de son..., todo das mellores marcas, cos mellores prezos e a mellor garantía.
- Produtos exclusivos e ofertas especiais.
- Óptimas condicións de financiamento para que poida estar sempre á última.

Fogar

- Miles de artigos en equipamento para o fogar: enxoval, mobles, téxtiles, bricolaxe, electrodomésticos..., cunha ampla variedade de marcas.
- Promocións e ofertas en todas as seccións, con regalos exclusivos en moitos produtos.
- Ofertas exclusivas con pagamento aprazado, sen entrada e sen xuros.

Informática

- As principais marcas en hardware e software ao mellor prezo.
- Servizo personalizado de financiamento na compra do seu ordenador.
- Ofertas exclusivas non dispoñibles en Centros Comerciais.
- Servizos de instalación e posta en marcha de ordenadores e periféricos.
- Ofertas de liquidación de stocks a prezos únicos.

Xoguetes

- Unha ampla selección de xoguetes, con todas as novidades das grandes marcas.
- Acceso directo por marxe de idade, para nenos, nenas ou por tipo de xoguetes.

Libros

- Servizo de documentación bibliográfica.
- Resumo das principais noticias e novidades editoriais.

Música

- Máis De 20.000 títulos en CD, casete, maxi-single e DVD.
- Unha completa información do produto.
- Posibilidade de escoitar música.

Perfumería e cosmética

- Todo o que necesita para coidarse e a máis ampla gama de perfumes e maquillaxe.
- As mellores marcas, todas a novidades e as mellores promocións.
- Servizo de conselleira, recomendador de produtos, información de acontecementos e cursos, artigos e contidos de interese, así como unha completa e útil información de cada produto.

Ofertas

- Unha ampla selección de ofertas e promocións exclusivas da nosa tenda en liña, non dispoñibles nos centros comerciais.

Agasallos

- Unha coidada selección de artigos de todo tipo cunha práctica catalogación: para quen é, por tipo de celebración, por gustos e afeccións, por intervalos de prezo...
- Con entrega en poucos días e con empaquetado especial.

Flores e plantas

- A máis ampla selección de ramos e bouquets, cunha práctica clasificación, segundo o tipo de celebración (para aniversario, para namorados, para noivas...) e por rangos de prezo. Tamén atopará orixinais cestas de froita e cestas de nacemento.
- Con entrega en 24 horas e incluso no mesmo día nalgunhas cidades.

Videoxogos

- As últimas novidades e lanzamentos de todas as plataformas do mercado.
- Posibilidade de ver vídeos, xogar demos...

Cinema

- Posibilidade de reservar as últimas estreas.
- Completa información de películas, paquetes exclusivos de cine e series de TV.
- Posibilidade de ver tráilers.

Viños

- Ofertas e recomendacións dos mellores viños de España e do mundo.
- Todas as noticias e novidades do sector vinícola.
- Cursos de cata.

Supermercado / Club do Gourmet

- Todos os produtos de alimentación, Club do Gourmet, limpeza e hixiene persoal.
- Prazo de entrega: 24 horas (días laborables).

Listas de voda

Noivos
- Consultar os agasallos da lista de voda e recibir mensaxes de felicitación dos convidados.
- Gozar das condicións da Conta Especial Noivos pagando coa tarxeta El Corte Inglés.
- Servizos especialmente deseñados para organizar a voda e o fogar.

Convidados
- Comprar o agasallo elixido polos noivos e enviarlles unha mensaxe de felicitación en liña.

Venda de entradas

- Reserve comodamente as entradas para os seus espectáculos favoritos e recóllaas en calquera dos nosos centros comerciais.

Axencia de Viaxes

- Envío gratuíto da súa documentacion de viaxe en territorio nacional para os nosos produtos de venda en liña por compras superiores a 210,35 euros (35.000 pesetas).
- Servizo personalizado de financiamento na compra das súas viaxes e vacacións.
- Os mellores prezos de avión, coas principais compañías a máis de 2.000 cidades.
- Mais de 50.000 hoteis, con posibilidade de reserva inmediata.
- Ofertas, promocións, descontos especiais e moito máis...

Seguros

Con toda comodidade, pode contratar aquí seguros:
- De accidentes, de asistencia médica, de axuda xurídica familiar, de caza, de esquí, de asistencia para o automóbil, de asistencia en viaxes, para cans...
- Servizo de axuda aos estudos dos fillos (a escola na casa).

Empresas e Autónomos

- Gran variedade de produtos e servizos pensados para a PEME: Regalos promocionais, compra de billetes, solucións informáticas á medida...
- Ofertas para todos os sectores: Hostalaría, Comercio, HORECA...
- Tras a entrega do pedido, enviaremos a factura por correo para que poida contabilizala en Renda, Sociedades ou IVE.

© El Corte Inglés S.A. Todos os dereitos reservados.