|
|
 |
| ACCESO A SERVIZOS EN LIÑA |
|
|
|
Agora poderá gozar dunha ampla gama de servizos en liña e realizar as súas xestións comodamente a través de Internet. Co seu número de tarxeta e o seu código PIN poderá consultar os seus movementos e o seu saldo, cambiar o banco onde realiza os seus pagamentos, cambiar o domicilio, notificar roubos ou extravíos, ampliar as persoas autorizadas, modificar as condicións de crédito ou consultar a súa fórmula persoal de pagamento.
|
| |
|
Unha chea de vantaxes para realizar comodamente e con total seguridade as súas compras en Internet. |
| Coa tarxeta de El Corte Inglés poderá pagar todas as compras que realice nas nosas áreas de comercio electrónico. Así, ademais de efectuar as súas transaccións baixo servidor seguro, gozará dunha seguridade engadida: despois do primeiro rexistro, o número de tarxeta non viaxará máis pola rede, xa que este dato residirá no noso servidor. Tamén poderá realizar as súas compras cun financiamento personalizado. A Tarxeta de El Corte Inglés pode solicitarse en liña e é o medio de pagamento máis utilizado polos clientes da nosa web. Estas son as súas vantaxes: |
 |
 |
 |
A nosa tarxeta, primeira no seu xénero, permítelle un estricto control dos seus gastos mensuais, xa que cada mes lle enviaremos ao seu domicilio un Resumo de Compras.
|
|
 |
 |
 |
Puntualmente enviarémoslle información das actividades e promocións realizadas nas nosas Tendas.
|
|
 |
 |
 |
Tarxeta de Compra de El Corte Inglés é totalmente gratuíta, na súa concesión e mantemento. A diferenza doutras, dispoñer dela non lle suporá ningún gasto e, porén, gozará de todas as vantaxes que representa ser para nós un cliente moi especial.
|
|
 |
 |
 |
Pode solicitar a nosa Tarxeta de Compra, para vostede e as persoas que desexe autorizar, no Departamento de Servizo ao Cliente de calquera das nosas Tendas, ou mediante o noso formulario de solicitude en liña.
|
|
 |
 |
 |
Só con presentar a súa Tarxeta poderá comprar en toda a nosa organización:
- As nosas Tendas.
- Hipercor, a nosa cadea de Hipermercados.
- Viajes El Corte Inglés.
- Centro de Seguros.
- La Tienda en Casa, o noso servizos de Venda a Distancia.
- En todas as nosas tendas de comercio electrónico.
- E outras entidades adheridas.
Asine os talóns de venda e conserve a copia como xustificante para posibles cambios, devolucións ou comprobacións posteriores.
|
|
 |
 |
 |
Ser titular da Tarxeta suponlle maiores facilidades de crédito no pagamento das súas compras máis importantes.
|
|
 |
 |
 |
Para facilitarlle o acceso en automóbil, case todas as nosas Tendas dispoñen de aparcadoiro propio. En xeral, se realiza unha compra superior ao importe estipulado en cada Centro, coa Tarxeta de Compra El Corte Inglés, disporá de dúas horas de estancia gratuítas.
|
|
 |
 |
 |
Temos á súa disposición o Teléfono de Servizo ao Cliente 901-122122, a través do cal nos pode facer chegar as súas opinións e suxestións e informalo puntualmente sobre os nosos servizos e actividades.
|
|
 |
 |
 |
A Tarxeta de Compra ofrécelle tamén
posibilidade de acceder a outras prestacións:
unha ampla cobertura de riscos persoais e familiares, Servizos de axuda útil e profesional para o seu fogar e de asistencia odontolóxica privada para toda a súa familia.
|
|
 |
 |
 |
Se non queda satisfeito das súas compras, devolvémoslle o seu diñeiro
|
|
 |
 |
 |
- Cubrindo a solicitude en liña.
- Chamando ao teléfono 901 122 122 de servizo ao cliente en horario comercial.
- En visita persoal nos nosos centros comerciais no departamento de servizo ao cliente.
|
|
 |
 |
 |
Vostede xa pode utilizar a súa Tarxeta de Compra El Corte Inglés en dous dos grandes almacéns máis importantes de Europa: GALERIES LAFAYETTE e NOUVELLES GALERIES. Repartidos por toda Francia, os 40 Centros Comerciais de Galeries Lafayette e os 30 de Nouvelles Galeries ofrécenlle a maior selección de novidades e primeiras firmas en moda e complementos, artigos para o fogar, o tempo libre, ...E todo iso*, poderá aboalo coa Tarxeta de Compra El Corte Inglés, coa mesma comodidade con que o fai en España. Non o esqueza: a partir de agora pode ir de compras por toda Francia coa súa Tarxeta de Compra El Corte Inglés
*Excepto Listas de Voda, Supermercado e Cafetaría. |
|
|