Presentación de Un mar de curiosidades, el nuevo libro de Javier García Galdo
Evento de libre asistencia.
DESCRIPCIÓN
El próximo 6 de noviembre de 2026, a las 19:00 horas, Ámbito Cultural Santiago de Compostela acogerá la presentación de Un mar de curiosidades, el nuevo libro del biólogo marino y divulgador Javier García Galdo. ¿Existen unicornios en el mar? ¿Pueden cantar los peces? ¿Es cierto que hay olas cuadradas? Estas y muchas otras preguntas encuentran respuesta en una obra que invita a descubrir algunos de los fenómenos, mitos y curiosidades más sorprendentes del mundo marino.
Con un lenguaje cercano y accesible, alejado de tecnicismos, Un mar de curiosidades combina rigor científico, anécdotas e ilustraciones para despertar la curiosidad de lectores de todas las edades y acercarlos al conocimiento de la biodiversidad marina. A través de sus páginas, el libro explora cuestiones inspiradas tanto en leyendas como en realidades científicas, ofreciendo respuestas que ayudan a comprender mejor el océano y a valorar la importancia de su conservación.
La curiosidad es el punto de partida de este recorrido por el inmenso mundo azul, una invitación a conocer, amar y proteger el mar a través de historias, preguntas y descubrimientos que revelan la extraordinaria riqueza de la vida bajo las aguas.
Javier García Galdo (Ferrol, 1973) es biólogo marino y divulgador especializado en el medio marino. Con más de 25 años de experiencia profesional vinculada a la pesca y al marisqueo sostenibles, actualmente dirige el área técnica de una consultora especializada en el ámbito marino. A lo largo de su trayectoria ha trabajado en la administración pública, el sector pesquero, la empresa privada y organizaciones no gubernamentales, además de desarrollar una intensa labor de formación, comunicación y sensibilización ambiental. Es creador del proyecto divulgativo Curiosoceano y colaborador habitual del programa radiofónico Mar de Ardora.
______________________________________________________________
O vindeiro 6 de novembro de 2026, ás 19:00 horas, Ámbito Cultural Santiago de Compostela acollerá a presentación de Un mar de curiosidades, o novo libro do biólogo mariño e divulgador Javier García Galdo. Existen unicornios no mar? Poden cantar os peixes? É certo que hai ondas cadradas? Estas e moitas outras preguntas atopan resposta nunha obra que convida a descubrir algúns dos fenómenos, mitos e curiosidades máis sorprendentes do mundo mariño.
Cunha linguaxe próxima e accesible, afastada dos tecnicismos, Un mar de curiosidades combina rigor científico, anécdotas e ilustracións para espertar a curiosidade de lectoras e lectores de todas as idades e achegalos ao coñecemento da biodiversidade mariña. Ao longo das súas páxinas, o libro explora cuestións inspiradas tanto nas lendas como nas realidades científicas, ofrecendo respostas que axudan a comprender mellor o océano e a valorar a importancia da súa conservación.
A curiosidade é o punto de partida desta viaxe polo inmenso mundo azul, unha invitación a coñecer, amar e protexer o mar a través de historias, preguntas e descubrimentos que revelan a extraordinaria riqueza da vida baixo as augas.
Javier García Galdo (Ferrol, 1973) é biólogo mariño e divulgador especializado no medio mariño. Conta con máis de 25 anos de experiencia profesional vinculada á pesca e ao marisqueo sostibles e actualmente exerce como director técnico dunha consultora especializada no ámbito mariño. Ao longo da súa traxectoria traballou para a administración pública, o sector pesqueiro, a empresa privada e organizacións non gobernamentais, ademais de desenvolver unha intensa actividade de formación, comunicación e sensibilización ambiental. É creador do proxecto divulgativo Curiosoceano e colaborador habitual do programa radiofónico Mar de Ardora.