Para engadir produtos á cesta, só tes que premer sobre o botón verde 'Engadir á cesta' na ficha de calquera produto. Unha vez introducido, aparece un resumo da cesta na esquina superior dereita dende onde podes ver, eliminar ou sumar unidades dos produtos seleccionados. Este resumo desprégase cada vez que fas clic sobre o botón verde 'Cesta’. Ao rematar, preme en 'Ver/tramitar pedido' para acceder á lista de artigos incorporados previamente, as súas unidades, o seu prezo, a súa modalidade de entrega e a suma total a pagar.
Fai a túa compra seguindo cinco cómodos pasos:
Se tes problemas ao facer a compra, pode deberse á versión do teu navegador ou á súa configuración. As nosas webs son compatibles coas últimas versións dos navegadores que se actualizan automaticamente (Google Chrome e Mozilla Firefox) e coa versión 11 de Internet Explorer. Se navegas con Safari, a versión compatible é a 12.
Tamén é recomendable verificares se os problemas se producen porque o teu navegador está configurado coa opción de nivel de seguridade “Alto”. Terás que acceder á epígrafe Opcións de Internet dentro do administrador de redes, apartado de Seguridade, e colocalo no nivel “Medio”.
Se necesitas que che axudemos a encontrar a solución ou se tes algunha dúbida respecto ao funcionamento do noso sistema de compra, chámanos o 900 373 900. Estaremos encantados de atenderte
-Podes solicitar a factura a través de ‘A miña conta’ - ‘Pedidos’. Fai clic no pedido do que precisas factura. En ‘Detalle do pedido’ preme no botón ‘Solicitar factura’ e enche os datos necesarios.
-Se o prefires, contacta connosco a través deste teléfono: 900 363 900.
-Tamén podes facelo os 365 días do ano en:
clientes@elcorteingles.es (Non alimentación).
clientes.supermercado@elcorteingles.es (Supermercado).
servicio_clientes@elcorteingles.es (Para consultas relacionadas cos centros ou outras empresas do grupo).
Para a emisión da factura, necesitaremos que nos facilites o número de pedido da túa compra, razón e domicilio social e un CIF.
Se a factura se quere a nome doutra persoa distinta da compradora, débese enviar a correspondente autorización.
Se non te chegou a mensaxe de confirmación ao teu correo electrónico ao facer un pedido, pode que se deba a algún problema técnico puntual. O normal é que te chegue pasados uns minutos. De calquera, xeito revisa a túa caixa de spam ou correos non desexados por se está aí.
Se tras unhas horas segues sen recibilo, ponte en contacto connosco a través do teléfono 900 363 900 ou en clientes@elcorteingles.es.