Primeriti é unha web de vendas flash aberta. Podes consultar todas as vendas dispoñibles en calquera momento e, para comprar, si é necesario rexistrarse nela.
O rexistro na web de Primeriti é totalmente gratuíto e non implica ningún compromiso.
As vendas de Primeriti teñen unha duración limitada, entre 2 e 7 días ou ata esgotar existencias. Primeriti ofrece produtos das máis prestixiosas marcas con stock limitado.
Dende Primeriti envían de forma semanal ou diaria un aviso en forma de newsletter aos seus subscritores informando das novas vendas. Podes subscribirte aquí.
Os produtos permanecen en venda de 2 a 7 días, durante os cales recollen todos os pedidos realizados para preparar o seu envío.
Conéctate a www.primeriti.es durante as datas da venda e selecciona a marca que desexas ver ou comprar facendo clic sobre a imaxe da marca ou sobre o seu nome no menú despregable superior.
O cliente dispoñerá dun prazo de 14 días naturais dende o momento da súa recepción para notificar a devolución do seu pedido ou parte deste. Esta notificación ha de xerarse dende a páxina web de Primeriti no menú: Historial de pedidos ECI / Botón devolución.
Para máis información sobre as devolucións de Primeriti, fai clic aquí.