20 tema nesta sección
  • Que tipos de financiamento podo contratar?

    Podes escoller os seguintes tipos de financiamento. Ten en conta que o importe mínimo do recibo mensual para calquera aprazamento é de 30 €.

    Pagar en 3 meses sen xuros

    Os gastos de xestión deste tipo de financiamento varían en función do importe da venda:

    • Operación por importe ata 200 € - gastos de xestión: 3 €.
    • Operación por importe de 200,01 € a 400 € - gastos de xestión: 5 €.
    • Operación por importe de 400,01 € a 600 € - gastos de xestión: 7 €.
    • Operación por importe de 600,01 € a 1.000 € - gastos de xestión: 9 €.
    • Operación por importe máis de 1.000 € - gastos de xestión: 12 €.

    Xuros subvencionados por El Corte Inglés, S.A. Financiamento suxeito á aprobación de Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A.

    Exemplo representativo de financiamento de compras:

    • Importe: 600 €, aprazamento a 3 meses sen xuros
    • TIN 0%, TAE 7,21%, gastos de xestión: 7 €, importe total debido: 607 €.

    Pagar ata en 36 meses

    Elixindo o número de meses. Neste tipo de operacións, o tipo de xuro nominal anual é do 16% (17,23% T.A.E.). Financiamento ofrecido por Financeira El Corte Inglés, E.F.C., S.A. Operación suxeita á autorización do seu Comité de Crédito.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que é a Tarxeta El Corte Inglés?

    A Tarxeta de Compra de El Corte Inglés é máis que unha tarxeta. Con ela poderás obter produtos financeiros personalizados e grandes vantaxes. Ademais, conta coa seguridade de que accedes directamente, sen intermediarios, ao pagamento.

    En Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A. existen os controis axeitados para garantir a seguridade da transacción e detectar posibles fraudes.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como solicito a Tarxeta El Corte Inglés?

    Podes solicitar a Tarxeta El Corte Inglés no Departamento de atención ao cliente dos Centros El Corte Inglés, chamando o teléfono gratuíto 900 184 184 ou a través da páxina web da Tarxeta de El Corte Inglés.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • A Tarxeta El Corte Inglés ten algún tipo de permanencia?

    Non existe ningún tipo de permanencia coa Tarxeta El Corte Inglés. Ti decides cando queres darte de baixa.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como cancelo a Tarxeta El Corte Inglés?

    Para cancelar a Tarxeta El Corte Inglés, podes facelo no Departamento de Atención ao Cliente de calquera Centro, a través do teléfono gratuíto 900 184 184 ou accedendo directamente á túa conta de cliente da Financeira El Corte Inglés (Preme en "Os meus datos" - "Roubo ou extravío" e dende aí poderás bloquear a tarxeta).

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • A Tarxeta El Corte Inglés ten algún gasto de apertura ou mantemento?

    A Tarxeta El Corte Inglés é totalmente gratuíta, sen gastos de apertura nin cota anual.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • É segura a Tarxeta El Corte Inglés?

    A Tarxeta El Corte Inglés é persoal, intransferible e completamente segura. Ademais, podes revisar as compras realizadas na túa conta de cliente.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que vantaxes me ofrece a Tarxeta El Corte Inglés?

    A Tarxeta El Corte Inglés ofréceche moitas vantaxes, sobre todo financeiras:

    • Podes elixir entre distintas modalidades de pagamento con aprazamento das túas compras ata en 60 días sen xuros.
    • Ofréceche a posibilidade de financiar as túas compras comodamente a través de distintos produtos, como Pagamentos por Cotas, Fórmulas Persoais e Liñas de Crédito, que poderás personalizar ao teu gusto.
    • Bonificacións do estacionamento nos aparcadoiros dos centros comerciais ata un máximo de 2 horas, por unha compra no día superior a 30 €.
    • Polos pagamentos que realices en Repsol, Campsa ou Petronor, recibirás o 4% para utilizar nas túas próximas compras en El Corte Inglés.
    • Controla as túas compras mensuais mediante un extracto detallado e coa posibilidade de acceder á información a través da nosa páxina web.
    • Podes recuperar os teus tíckets perdidos de forma áxil e sinxela para facilitarche a devolución das túas compras ou acceder ás garantías.
    • Promocións exclusivas para clientes con Tarxeta de Compra El Corte Inglés nos nosos centros comerciais como son as Vendas Privadas.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como podo cambiar o vale de desconto da bonificación do 4%?

    Podes utilizar o desconto da bonificación do 4% tanto en Centros El Corte Inglés, Hipercor, Supercor e Opencor, coma en tenda online, introducindo o código que aparece no vale dentro do campo “CÓDIGOS PROMOCIONAIS” no primeiro paso de compra.

    Aquí tes todas as condicións e información que necesitas saber sobre o vale de desconto.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que debo facer se me rouban a Tarxeta El Corte Inglés?

    Se perdes ou che rouban a Tarxeta El Corte Inglés, podes comunicalo no Servizo de Atención ao Cliente dos nosos centros comerciais, a través do teléfono gratuíto 900 184 184 ou a través da túa conta de cliente da Tarxeta El Corte Inglés ("Os meus datos").

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • En que estacións de servizo se admite a Tarxeta El Corte Inglés?

    Podes pagar calquera compra que fagas nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor. O 4% do importe acumularase e cada trimestre enviarase ao teu domicilio un vale coa cantidade acumulada (sempre e cando sexa igual ou superior a 1 €).

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como podo solicitar tarxetas adicionais?

    Podes solicitar tarxetas adicionais ao darte de alta ou posteriormente no Servizo de Atención ao Cliente dos nosos centros comerciais. As compras realizadas coas tarxetas adicionais engadiranse ás túas compras mensuais.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo pagar coa Tarxeta El Corte Inglés en restaurantes de Gourmet Experience?

    Podes pagar coa Tarxeta El Corte Inglés en todos os restaurantes de Gourmet Experience (StreetXo, Rocambolesc, Salón Cascabel, Puertalsol...).

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Onde podo ver os meus movementos da Tarxeta El Corte Inglés?

    Podes ver todos os datos e movementos relacionados coa túa tarxeta no web da Tarxeta El Corte Inglés. Introduce o teu n.º de tarxeta e o teu PIN e iniciarás a túa sesión.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que formas de pagamento me ofrece a Tarxeta El Corte Inglés?

    A Tarxeta El Corte Inglés ofréceche diferentes modalidades de pagamento mensual: pagamento total a final de mes, o % do que queiras do saldo disposto ou a cantidade fixa que ti decidas.

    Tamén podes achegarte a calquera Departamento de atención ao cliente e liquidar a cantidade que queiras en efectivo ou tarxeta.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como recupero a miña clave PIN da Tarxeta El Corte Inglés?

    Para recuperar a túa clave PIN, accede a Financeira El Corte Inglés. Preme o botón superior "Acceso clientes", introduce o número da túa tarxeta e, ao facelo, darache a opción de introducir o PIN. Preme o enlace inferior "Esquecín o meu PIN" e sigue os pasos que che indique o sistema.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Onde podo utilizar a Tarxeta El Corte Inglés?
    Podes utilizar a Tarxeta El Corte Inglés en todas as empresas do Grupo: El Corte Inglés, Hipercor, Supercor, Telecor, Viajes El Corte Inglés, Bricor, Sfera, Seguros El Corte Inglés e Óptica 2000, así como en establecementos adheridos: gasolineiras Repsol, Campsa e Petronor, Sephora, Bip&Drive e Tagus.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que documentación debo achegar para solicitar a Tarxeta El Corte Inglés?
    Para solicitar a Tarxeta El Corte Inglés, debes presentar esta documentación: fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia, xustificante de ingresos: nómina, declaración da renda ou pensión e Mandato Sepa.
    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Tense que renovar a Tarxeta El Corte inglés?

    Non é necesario renovar a Tarxeta El Corte Inglés, non ten data de caducidade.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Canto tempo tardan en entregarme a Tarxeta El Corte Inglés?

    Entregarémosche a tarxeta tan pronto como sexa aprobada. Nós avisámoste para que pases a recollela no Servizo de Atención ao Cliente dos nosos centros comerciais.

    Foi útil?SiNon
    Queres comentarnos algo máis?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Información xeral