Centro Comercial Compostela

Coruña, A

VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

  • Finalizado
  • de 10:00 a 22:00
  • Gratis
Large web vii concurso de poes a escolar rosal a de castro

El Centro

Centro Comercial Compostela

Small compostela rec

Edificio 1

Dirección
Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono
981 527 200.

Horario Cerrado

Horarios detallados y días festivos

Calendario de apertura

  • De lunes a sábado 10:00 a 22:00

Festivos y días con horarios especiales de El Corte Inglés

  • El día 30 de mayo cerrado
  • El día 30/06/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 25 de julio cerrado
  • El día 15 de agosto cerrado
  • El día 16 de agosto cerrado
  • El día 12/10/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 01/11/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 01/12/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 06 de diciembre cerrado
  • El día 08/12/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 15/12/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 22/12/2019 de 10:00 a 22:00
  • El día 25 de diciembre cerrado
  • El día 29/12/2019 de 10:00 a 22:00
×

Cómo Llegar

En bus
Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Descripción

Dirixido ao alumnado de Secundaria e Bacharelato


Para difundir no mundo escolar a relevancia da autora de Cantares gallegos, a Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés convocan un concurso de poesía para o alumnado de Secundaria e de Bacharelato que se rexerá polas seguintes bases:

1ª. Estableceranse tres niveis de participación:

I. 1º ciclo ESO (1º e 2º).
II.  2º ciclo ESO (3º e 4º).
III. Bacharelato.

2ª. As obras –que deberán ser orixinais na súa totalidade e rigorosamente inéditas– serán redactadas en lingua galega.

3ª. O tema e a forma poética escollida será de libre elección.

4ª. A extensión máxima non excederá os 50 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. Só se aceptará un máximo de dous traballos por autor ou autora.

5ª. Remitiranse catro copias sen asinar de cada un dos traballos nun sobre pechado, en cuxo exterior figurará o título da obra, o nivel no que concursa e un pseudónimo. No interior do sobre, enviarase unha nota cos datos seguintes: título da obra, nome, apelidos, curso e centro, domicilio e teléfono do autor ou autora e un enderezo electrónico.

6ª. A Comisión Organizadora designará un Xurado Cualificador que será quen decida sobre calquera dúbida que poidan orixinar estas BASES, sendo o seu fallo inapelable.

7ª. O prazo de admisión dos orixinais finalizará o día 18 de maio de 2019 e poden remitirse ós Departamentos de Comunicación de calquera dos centros de El Corte Inglés de Galicia. 

SANTIAGO DE COMPOSTELA:
 Restollal, 50, planta baixa 
 15702 Santiago de Compostela
      
A CORUÑA:
 - Ramón y Cajal, 57, andar 1  
   15006 A Coruña
 - Marineda
   Estrada Baños de Arteixo, s/n, soto 1
   15008 A Coruña

VIGO:
 Gran Vía, 25-27, andar 7
 36204 Vigo

Tamén se poderán entregar en man nas librarías de cada un dos Centros.

8ª. En cada categoría estableceranse un primeiro premio e dous accésit:
Primeiro premio: Tarxeta de agasallo de El Corte Inglés, por un valor de 300€.
1º Accésit: Tarxeta de agasallo de El Corte Inglés, por un valor de 200€
2º Accésit: Tarxeta de agasallo de El Corte Inglés, por un valor de 100€

9ª. O fallo do  concurso farase público o día 31 de maio de 2019 e a entrega de premios terá lugar no auditorio da Casa de Rosalía o día 7 de xuño en acto poético-musical ao que serán convidados os familiares, profesores e compañeiros dos premiados. O libro presentarase o 15 de xullo, nos xardíns da Casa, coincidindo co acto institucional da Fundación.

10ª. A Comisión Organizadora  resérvase o dereito da publicación dos traballos presentados. Os premiados comprométense a entregar as obras nun soporte informático (CD), ou por medio do correo electrónico, á organización con vistas á súa futura publicación.

11ª. A participación neste Concurso significa a plena aceptación destas Bases e do fallo do xurado.

Para calquera información adicional recoméndase enviar un correo a fundacion@rosaliadecastro.gal


Data de entrega:
Antes do 18 de maio de 2019

Tema libre
Máximo 50 versos

Categorías: Cultura

ESTE EVENTO HA FINALIZADO

Eventos destacados