Click&Car: Hipercor

Outros servizos

Medium eci click car servicio

É un servizo que che permite facer o teu pedido on-line e recollelo comodamente nunha zona reservada do aparcadoiro do noso centro comercial.
É un servizo gratuíto*.

Contas cos mesmos prezos e ofertas que nos nosos centros comerciais. Podes recoller o teu pedido comodamente de camiño a casa, ao saír do traballo, despois de recoller aos nenos do colexio ou mesmo ao volver das túas vacacións, elixindo o día e a franxa horaria que máis che conveña. O pedido prepárase o mesmo día da recollida. Os produtos refrigerados e conxelados gárdanse nas nosas cámaras de frío e conxelado ata o momento en que veñas recollelo, así che garantimos que se mantén a cadea de frío en todo momento.

Se tes algunha dúbida sobre o servizo Click&Car, escríbenos a clientes@hipercor.es ou chámanos ao 902 408 208.

*(Importe mínimo de compra 30€)

Máis información na seguinte ligazón.