A Visión Do Amor No Cancioneiro De Don Denis (ebook)

A Visión Do Amor No Cancioneiro De Don Denis (ebook)

12,90
AÑADIR FAVORITONo disponible+ info

Información

Envío y devoluciones

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis Estudo e edición de 33 cantigas de amor Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fi xación textual, realizada seguindo as tendencias ‘neo-lachmanianas’ e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal. O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso glorioso patrimonio cultural e literario .


Detalles del ebook
ISBN:
9788484873006
Editorial:
LAIOVENTO
Formato:
PDF
Idioma:
Gallego
Género:
Ensayo
Subgénero:
Ensayo

Referencia:

8484873006 |

EAN:

9788484873006