Resistencia (ebook)

Resistencia (ebook)

Autor:
Rosa Aneiros
9,459,95 -5%
No disponible+ info

Información

Envío y devoluciones

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais ?Dinís e Filipa? artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís ?un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen? e Filipa ?filla dun rico comerciante de Coimbra?. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.


Detalles del ebook
ISBN:
9788499145198
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato:
EPub con DRM
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hipanoamericana
Prelectura del libro:
Resistencia (ebook)

Referencia:

8499145198 |

EAN:

9788499145198

Otros ebooks de ROSA ANEIROS.

ver todos