Ámote Leo A. Destino Xalundes (ebook)

Ámote Leo A. Destino Xalundes (ebook)

Autor:
Rosa Aneiros
6,75
No disponible+ info

Información

Envío y devoluciones

Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014. Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.


Detalles del ebook
ISBN:
9788499146218
Editorial:
Edicións Xerais
Formato:
EPub con DRM
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Género:
Infantiles y juveniles
Subgénero:
Infantil 9-12 años - LECTURAS

Referencia:

8499146218 |

EAN:

9788499146218