Unha Historia Que Non Vou Contar (ebook)

Unha Historia Que Non Vou Contar (ebook)

9,95
AÑADIR FAVORITONo disponible+ info

Información

Envío y devoluciones

Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa) 2010 Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido.Unha historia que non vou contar enfronta ao lector ás miserias e contradicións da sociedade viguesa dos últimos estertores do franquismo e, ao tempo, convídao a repensar a propia construción literaria do que é unha novela, botando man dos recursos narrativos propios da non ficción. Sen dúbida ningunha, estamos diante dun gran libro, que suscitará interese e debate dos lectores e da propia crítica literaria.


Detalles del ebook
ISBN:
9788499146751
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato:
EPub con DRM
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hipanoamericana

Referencia:

8499146751 |

EAN:

9788499146751