Arredor De Chinto (ebook)

Arredor De Chinto (ebook)

9,6410,15 -5%
No disponible+ info

Información

Envío y devoluciones

Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, un rapaz de Outeiro, aldea perdida nas montañas de Lugo, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta que lle fornece o pai e que non é outro que o do seu bisavó homónimo, conquistador inesgotábel de mulleres, aventureiro, pirata, amante clandestino fuxido ao Brasil de forma intempestiva, sen ter chegado a coñecer o seu único fillo lexítimo. Retrátase o mundo que rodea ao cativo, as persoas e sucesos que marcan a súa maneira de contemplar a realidade, a escola, a relixión, o amor, un amor inconveniente que o ata ao lugar de nacenza e do que acabará fuxindo. Abandonará a aldea coa finalidade de esquecer o limitado mundo de relacións restrinxidas. Coñecerá a vila mariñeira de Cedeira, xente diversa, un mundo diferente, de mar aberto, antes de marchar ao Brasil, fuxindo de amores imposíbeis e coa finalidade de encontrar o home que foi a súa referencia vital. Ao longo da novela coñeceremos as vidas das distintas persoas que se sitúan arredor de Chinto. .


Detalles del ebook
ISBN:
9788499951805
Editorial:
BAIA EDICIONS
Formato:
EPub con DRM
Idioma:
Gallego
Género:
Novela histórica
Subgénero:
Novela histórica
Prelectura del libro:
Arredor De Chinto (ebook)

Referencia:

8499951805 |

EAN:

9788499951805