Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Menú secundario Fin do menú secundario

Menú terciario

Fin do menú terciario

Políticas corporativas

Comeza o contido principal

O Grupo El Corte Inglés conta cunha serie de políticas marco que teñen como obxectivo establecer os principios xerais que deben cumprir os empregados e directivos das empresas, e que son tamén de aplicación nas relacións que estes manteñen cos diversos grupos de interese.

Prevención da Comisión de Delitos

 

Responde á vontade dos Órganos de Administración das empresas do Grupo El Corte Inglés de alinearse coas mellores prácticas de Goberno Corporativo en relación co desenvolvemento dun sistema de xestión de cumprimento sobre a normativa do Código Penal, aplicando os conceptos que utilizan os tribunais nas súas resolucións para valorar os límites razoables na implantación desta política e o seu cumprimento.

Prevención do Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo

 

Ten como obxectivo desenvolver o compromiso sobre os principios e pautas que deben seguir as empresas do Grupo El Corte Inglés en materia de prevención de branqueo de capitais e financiamento do terrorismo.

Contra a Corrupción e a Fraude 

 

O Grupo El Corte Inglés cumple coas leis nacionais e internacionais dos países nos que desenvolve os seus negocios. Esta política ten como obxectivo implantar as medidas organizativas, técnicas e disciplinarias para lograr unha posición preventiva e activa que amosen un control eficaz contra a corrupción e a fraude en todos os ámbitos da súa actividade empresarial.

 

Protección de Datos

 

Ten como obxectivo garantir unha protección axeitada dos datos. As empresas do Grupo están preparadas para previr, detectar, reaccionar e recuperarse ante incidentes de seguridade, co obxectivo de proteller os dereitos e libertades fundamentais das persoas físicas e, en particular, o seu dereito á protección dos datos persoais.

Responsabilidade Social Corporativa

 

O Grupo El Corte Inglés asumiu, desde os seus inicios, o seu compromiso como empresa socialmente responsable procurando desenvolver e manter unha relación constante e fluída con todos os grupos de interese cos que se relaciona. 

A compañía conta cunha área específica que traballa todas as áreas relacionadas coa RSC.  

Conflito de intereses

 

Procedemento corporativo para a xestión dos conflitos de intereses de El Corte Inglés, S.A e as empresas do seu Grupo.

Fin do contido principal