Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Liñas de negocio

Comeza o contido principal

O proceso de diversificación de El Corte Inglés forma parte da estratexia que mantén a compañía. No último exercicio, esa capacidade para buscar e aproveitar novas oportunidades de negocio deu como resultado importantes acordos con terceiros, así como a posta en marcha de novas áreas de actividade.
O ecosistema de empresas do Grupo ten como obxectivo facilitar a vida das persoas. 

Retail

O negocio da distribución constitúe a base sobre a que se foi construíndo o Grupo El Corte Inglés. Ademais dos grandes almacéns El Corte Inglés, contamos cos hipermercados Hipercor, a cadea de supermercados Supercor, a insignia especializada en moda Sfera e os establecementos de bricolaxe Bricor.

Establecementos comerciais

El Corte Inglés

O formato retail (venda polo míudo) é a principal actividade dentro do Grupo cunha cifra de negocios de 12.974 millóns de euros en 2018, o que supón un incremento do 0,37% sobre o ano anterior. O EBITDA foi de 881,93 millones de euros.

O seu modelo de negocio baséase nunha renovación e mellora permanente da oferta comercial, cunha grande amplitude de produtos e servizos atractivos, innovadores e adaptados ás últimas esixencias do mercado. Continuamente se incorporan novidades en moda, decoración, tecnoloxía, alimentación, restauración, cultura e entretemento entre outros. Isto, xunto aos compromisos de calidade e garantía, permite satisfacer a clientes con diferentes gustos, intereses e posibilidades económicas.

Durante 2018 continuouse co aproveitamento de sinerxías entre os distintos formatos comerciais e empezou a estudarse a posibilidade de fusionar a cadena Bricor con El Corte Inglés. Isto permitiría unha optimización dos recursos e unha serie de melloras competitivas que beneficiarían aos nosos clientes.

A vocación de servizo e unha actitude de innovación permanente, transformaron os centros comerciais en lugares de experiencias onde o cliente non só pode adquirir produtos e servizos, senón tamén vivir e sentir sensacións. Os grandes almacéns do Grupo son un lugar de encontro onde se pode gozar dunha boa gastronomía, experimentar a realidade virtual, relaxarse nos espazos de saúde e beleza, deixarse aconsellar por un personal shopper ou asistir a un encontro literario, entre outras moitas actividades.

Sfera

Sfera

A cadea de moda e complementos Sfera mantivo unha senda ascendente cunha achega á cifra de negocios de 426,88 millóns en 2018.

Sfera consolidouse como unha cadea de deseño accesible moi ben valorada polos consumidores grazas á relación calidade-prezo-deseño que ofrecen as súas coleccións. Durante o exercicio 2018 reforzáronse o coidado dos detalles e terminacións, xa que iso proporciona prestancia ás pezas.

En paralelo, durante 2018 mellorouse a exposición do produto no punto de venda incorporando novo mobiliario e acometendo un plan de reformas en tendas co fin de mellorar a experiencia do cliente.

En cuanto a tendas propias, 102 están en España, 46 en México, 8 en Portugal, 3 en Grecia e 3 en Polonia.

A 28 de febreiro de 2019, Sfera está presente en 15 países incluída España.

Tendas de proximidade

Tendas de proximidade
(Supercor e Supercor Exprés)

Supercor confírmase coma un referente na compra de proximidade. Faino impulsada pola variedade e calidade dos seus produtos e pola súa amplitude de horarios, reflexo das tendencias dun mercado cada vez máis dinámico e esixente.

A motivación do persoal e a profesionalización de todos os seus equipos contribuíron á mellora de resultados, tanto no formato supermercado Supercor como no de Supercor Exprés, obtendo no exercicio 2018 unha cifra de negocios de 690,54 millóns de euros. Ao longo do ano acometéronse un total de 11 reformas tanto no formato Supercor, como de Supercor Exprés. Estas melloras supuxeron unha nova reordenación de espazos, cambios na iluminación e outro tipo de actuacións, co obxectivo de mellorar a experiencia de compra do cliente.

Durante 2018 reforzáronse as sinerxías co Grupo, especialmente aquelas que afianzan a súa estratexia de omnicanlidade..

Outros negocios do Grupo

Ademais da venda ao retallo, o Grupo mantén unha importante actividade noutros sectores relacionados coas viaxes, as tecnoloxías da información e os seguros. Para iso conta co Viaxes El Corte Inglés, Centro de Seguros e Servizos, Seguros El Corte Inglés, Grupo SICOR e El Corte Inglés Real Estate.

Grupo Viajes El Corte Inglés

Grupo Viajes El Corte Inglés

O Grupo Viajes El Corte Inglés obtivo unha cifra de negocios de 2.721,98 millóns de euros, cun incremento do 4,9% sobre o ano anterior. O Ebitda situouse en 63,84 millones.

Nesta evolución positiva influíron algúns aspectos relevantes como as captacións de novas contas, o mellor comportamento das grandes contas existentes, as campañas de vacacións en xeral, e a apertura do novo edificio Business Travel Center. Tamén deron os seus froitos os desenvolvementos tecnolóxicos abordados previamente.

Pola súa banda, Utópica, a axencia especializada en viaxes singulares, asinou un acordo coa Sociedade Xeográfica Española para ofrecer experiencias guiadas por exploradores expertos. Este exercicio tamén se fomentaron as iniciativas solidarias e ecosustentables.

Grupo de Seguros

Corretoría de seguros e compañía de seguros

O Grupo El Corte Inglés actúa no mercado asegurador español e portugués a través de dúas empresas: Centro de Seguros y Servicios (correduría de seguros) e Seguros El Corte Inglés (entidade aseguradora que opera nos ramos de vida e accidentes e que é xestora de fondos de pensións).

No exercicio 2018, alcanzaron no seu conxunto unha cifra de negocios consolidada de 199,46 millóns de euros, o que representa un 9,3% máis que o ano anterior, e un Ebitda de 81,12 millóns de euros, cun crecemento do 10,60%.

A nova produción de seguros alcanzou un novo récord, superándose as 625.000 novas pólizas emitidas nun ano. Isto permitiu que a carteira de pólizas en vigor se incremente un 7,5% fronte ao exercicio anterior.

Grupo SICOR

Real Estate

Fin do contido principal