Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Empresas do Grupo

Comeza o contido principal

A innovación é un dos sinais de identidade de todas as empresas que compoñen o Grupo El Corte Inglés. Introducimos constantes novedades en ámbitos tan diferentes como a moda e os complementos, a decoración e o fogar, a tecnoloxía, a alimentación e restauración e a cultura.

El Corte Inglés

 

Líder europeo de grandes almacéns

Cunha forte implantación no mercado español e con presenza en Portugal

En 2017 produciuse a fusión de El Corte Inglés e Hipercor. Durante o 2018 continuouse co aproveitamento de sinerxías entre os distintos formatos comerciais e empezou a estudarse a posibilidade de fusionar a cadena Bricor con El Corte Inglés. Isto permitiría unha optimización dos recursos e melloras competitivas que beneficiarían aos nosos clientes.

El Corte Inglés incorpora novidades en todas as áreas de actuación: moda, decoración, a última vangarda en tecnoloxía ou deportes, propostas pioneiras en alimentación e restauración, cultura e entretemento, etc. Iso, unido aos compromisos de calidade e garantía, permite satisfacer a clientes con diferentes gustos e necesidades.

Aposta pola omnicanalidade cunha maior integración entre as tendas físicas e o mundo en liña. O servizo de Click&Express, que permite a entrega en menos de dúas horas ou na franxa horaria que elixa o cliente, consolidouse con notable éxito.

El Corte Inglés impulsou o pagamento a través do móbil nos seus centros comerciais e unha progresiva dixitalización dos establecementos, que incorporan pantallas con información en tempo real, tanto de prezos coma de características do produto, vendedores con tabletas, catálogos en papel con realidade aumentada mediante o móbil...

Razón social El Corte Inglés

  • Domicilio social: Hermosilla 112. 28009, Madrid
  • C. electrónico: servicio_clientes@elcorteingles.es
  • Teléfono: 901 122 122
  • N.I.F: A-28017895
  • Rexistro Mercantil de Madrid: Tomo 519, folio 1, sección 8, hoja M-9.880, inscripción 197
  • Páxina web: www.elcorteingles.es

Supercor

 

Tendas de proximidade Supercor, Supercor Exprés e Supercor Stop&Go

Compra áxil e rápida de produtos básicos de alimentación, drogaría e perfumaría

É a cadea de supermercados creada para satisfacer as necesidades da cesta básica do cliente dunha forma próxima, coa experiencia e calidade do Grupo El Corte Inglés.

A alimentación e, especialmente, os produtos frescos son os grandes protagonistas do supermercado, xa que engaden unha diferenza, tanto pola calidade dos produtos, como polos prezos competitivos que se ofrecen. Nos supermercados Supercor o cliente pode realizar a compra en bandexas de produtos frescos ou ser atendido por persoal especializado.

Supercor Exprés está máis orientado a unha compra áxil e rápida de produtos básicos de alimentación, drogaría e perfumaría. Ademais das marcas líderes, este formato de supermercado conta cunha forte presenza das marcas propias do Grupo como El Corte Inglés, Aliada e Special Line.

A cadea acadou un recente acordo con Repsol para converterse na central de compras das aproximadamente 3.500 estacións de servizo que se integran no grupo petroleiro.

Razón social Supercor, S.A.

  • Domicilio social: Hermosilla 112. 28009, Madrid
  • C. electrónico: servicio_clientes@elcorteingles.es
  • Teléfono: 901 122 122
  • N.I.F: A-78476397
  • Rexistro Mercantil de Madrid: Tomo 3.099, folio 189, sección 8, hoja M-52.978, inscripción 3
  • Páxina web: www.supercor.es

Sfera

 

Constante renovación, variedade e calidade ao mellor prezo

Coleccións de moda inspiradas nas tendencias máis actuais

Sfera naceu en 2001 como unha cadea de tendas especializada en moda e complementos, cunha ampla oferta de pezas para home, muller e infancia, presentadas en liñas de moda formal, moda sport-cidade, e roupa para o fin de semana e o lecer.

Tamén destacan as súas coleccións propias de lencería feminina, roupa interior masculina e unha liña especial de bebés.

Sfera conta cun equipo exclusivo de deseñadores que constantemente incorpora ás súas tendas coleccións de moda inspiradas nas tendencias máis actuais. O resultado son pezas cómodas, actuais e a un prezo accesible, pensadas para que todo o mundo poida atopar o seu estilo.

Ademais, aposta pola constante renovación, a variedade e calidade ao mellor prezo do mercado, situando as súas tendas nas mellores zonas comerciais das cidades en que se atopa e contando con espazos nos centros comerciais de El Corte Inglés. Así mesmo, fóra do ámbito europeo tamén ten tendas en América Latina, o Oriente Medio e o Sueste Asiático.

Razón social Sfera Joven, S.A

  • Domicilio social: Hermosilla 112. 28009, Madrid
  • C. electrónico: sfera@elcorteingles.es
  • Teléfono: 901 122 122
  • N.I.F: A-83036137
  • Rexistro Mercantil de Madrid: Tomo 16.668, folio 40, sección 8, hoja M-284.400, inscripción 1
  • Páxina web: www.sfera.com
 

Viajes El Corte Inglés

 

Líder español no sector de axencias de viaxes

Viajes ECI, que se constituíu en 1969, conta xa con máis de 500 oficinas nacionais e internacionais

O modelo de xestión de Viajes El Corte Inglés baséase nunha atención personalizada capaz de satisfacer as necesidades de cada cliente, xa sexan viaxes de tipo profesional, lecer ou a planificación e organización de congresos, convencións e viaxes de incentivo. Un equipo de profesionais encárgase do asesoramento e organización das necesidades de cada cliente.

Ademais, Viajes El Corte Inglés conta cunha división de empresas líder no negocio de clientes corporativos e está adaptada para traballar de xeito eficiente tanto para grandes corporacións multinacionais coma para pemes.

A empresa de viaxes conta con máis de 500 oficinas e está presente en países como Francia, Bélxica, Portugal, Italia, os Estados Unidos, Chile, México e a Arxentina, Colombia, a República Dominicana e Uruguai, ademais de España.

Razón social Viajes El Corte Inglés, S.A.

Grupo de Seguros

 

Amplas coberturas e condicións económicas competitivas

A gama máis ampla de seguros e servizos para particulares e empresas

A compañía de seguros dentro do Grupo El Corte Inglés nace para satisfacer as necesidades dos clientes, ofrecéndolles unha ampla gama de seguros e servizos integrais.

Centro de Seguros y Servicios

Centro de Seguros y Servicios é unha corretoría de seguros, pertencente ao Grupo El Corte Inglés, con presenza no mercado español como mediador de seguros desde 1982.

Na actualidade é un referente pola súa implantación no ámbito nacional, pola accesibilidade para os asegurados, pola amplitude de horarios para a prestación dos servizos e pola súa experiencia en riscos de todo tipo.

 

Isto permitiu mellorar e ampliar a oferta de seguros da corretoría co lanzamento de novos produtos para autos, asistencia en viaxe, asistencia tecnolóxica e telefonía móbil, así como a actualización das condicións de produtos xa consolidados, mais por adaptar ás novas necesidades do mercado.

No atinente á actividade de mediación en produtos financeiros, concentrou os seus esforzos en combinar unha selección de produtos das mellores xestoras coa oferta simultánea de produtos exclusivos para clientes de El Corte Inglés.

Razón social Centro de Seguros y Servicios. Correduría de Seguros, S.A., Grupo de Seguros El Corte Inglés.


Seguros El Corte Inglés

Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros comeza a súa andaina en 1990 como compañía de seguros dentro do Grupo El Corte Inglés, para satisfacer as necesidades dos clientes ofrecendo produtos como seguros de vida e accidentes, de aforro, de rendas temporais e vitalicias, e plans de pensións.

Desde a súa creación marcouse como obxectivo proporcionar calidade de servizos e para iso se lles ofrece aos clientes a posibilidade de previr e protexer o seu futuro, as súas familias e tamén o persoal das empresas, sempre coas coberturas máis amplas e condicións económicas competitivas.

Razón social Seguros El Corte Inglés, Vida, Pensiones y Reaseguros, S.A.

 

Fin do contido principal