Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Menú terciario

Fin do menú terciario

Historia

Comeza o contido principal

El Corte Inglés toma o seu nome dunha pequena xastraría fundada en 1890 e situada entre as rúas Preciados,
Carmen e Rompelanzas, de Madrid. En 1935, Ramón Areces Rodríguez, avalado polo seu tío César Rodríguez, merca a xastraría, comezando así a súa aventura empresarial.


En 1939 adquiren un predio na rúa Preciados 3, Madrid, para destinar á venta a planta baixa, o primeiro andar e parte do segundo. En xuño de 1940, cando o negocio contaba con sete empregados, Ramón Areces constitúe a sociedade El Corte Inglés, co seu tío César Rodríguez como socio e presidente da compañía.

Entre os anos 1945 e 1946 realízase a primeira reforma na totalidade do edificio, co que a superficie de venda pasa a ocupar un total de 2.000 m2 distribuídos en cinco plantas; deste xeito xurde a venda por departamentos, propia dun grande almacén. Entre 1953 y 1955 incorpórase o edificio lindeiro de Preciados 5. Co tempo fanse sucesivas ampliacións e modificacións co fin de ofrecer unha imaxe moderna e acorde coas demandas e necesidades da sociedade.

A década dos sesenta foi clave para El Corte Inglés, xa que comezou a súa expansión polo territorio nacional coa inauguración de centros en Barcelona, Sevilla, Bilbao, etc. Ata mediados dos 90 ten lugar unha fase de crecemento do Grupo, marcada pola diversificación da súa actividade comercial, que pasa a tomar posicións noutros ámbitos de negocio.

Os anos oitenta foi unha década intensa para o Grupo que concluíu coa morte de Ramón Areces o 30 de xullo de 1989. Durante os anos previos, o presidente fora preparando ao seu sucesor na presidencia, Isidoro Álvarez, quen desde 1966 ocupaba o cargo de conselleiro director xeral, o que lle permitiu coñecer a fondo o Grupo.


Os anos de Isidoro Álvarez na presidencia estiveron marcados por un forte crecemento, expansión do negocio e importantes fitos como a adquisición de Galerías Preciados e Marks&Spencer, o desembarco dos grandes almacéns en Portugal ou a diversificación.

O 14 de setembro de 2014 falece Isidoro Álvarez. Dous días máis tarde, o 16 de setembro, o Consello de Administración de El Corte Inglés nomea a Dimas Gimeno Álvarez presidente da compañía.

O 14 de xuño de 2018, Jesús Nuño de la Rosa é nomeado presidente do Consello de Administración.

O 10 de xullo de 2019 o Consello de Administración nomea presidenta a Marta Álvarez.


Fin do contido principal