Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Os nosos provedores

Comeza o contido principal

Unha acertada selección de provedores é o punto de inicio para conseguir a satisfacción dos clientes.

Por iso mantemos unha relación de colaboración e confianza mutua que nos permite aliñarnos cos gustos e coas necesidades do cliente.


Todos os nosos provedores deben aceptar e asumir os Principios de Actuación do Grupo El Corte Inglés, documento que se basea no Código de Conduta de BSCI (Business Social Compliance Initiative), organización sen ánimo de lucro con sede en Bruselas á que pertence o Grupo El Corte Inglés desde marzo de 2008.

Como empresa responsable, mantemos un avance constante na verificación das condicións sociais e laborais de provedores. Neste sentido, realizamos auditorías sociais no marco do sistema BSCI, que toma como referencia os convenios fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT). O noso protocolo de homologación está artellado coma un proceso de mellora continua que permite aos provedores cumprir a curto prazo con todos os requisitos do Código de Conduta.

Máis información: Descarga Principios do Pacto Mundial

Máis información: Descarga o Código de Conduta amfori-BSCI completo


 

 

 

Provedores
nacionais

77%

Provedores
da UE

89%

O SISTEMA DE AUDITORIAS

  2.647

auditorías ASG (Social, Ambiental e Bo Goberno) realizadas en 2020

El Corte Inglés conta cun equipo de profesionais especializados en RSC, tanto na sede central como nas distintas delegacións de compra no estranxeiro, que traballan para garantir o cumprimento dos compromisos de responsabilidade social que ten o Grupo e que esixe ao seus provedores.

O Grupo segue a progresar nos seus obxectivos de verificación de condicións sociais, laborais e medioambientais dos provedores de marcas propias de El Corte Inglés a través das auditorías realizadas no marco do referido Código de Conduta.

Fin do contido principal