O sangue dos camiños (Tapa blanda)

O sangue dos camiños (Tapa blanda)

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual -os dos medios de comunicación de masas-, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces. Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós. "A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar." (Isabel Mociño González) "O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico." (Francisco Martínez Bouzas).


Detalles del libro
ISBN:
9788499144276
Fecha de Edición:
17-febrero-2014
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788499144276
Fecha de Edición:
17-febrero-2014
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
224
Dimensiones:
22 x 15
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Número de edición:
1
Prelectura del libro:
O Sangue Dos Camiños (Tapa Blanda)
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006520011088 |

EAN:

9788499144276

Otros libros de RAMÓN CARIDE OGANDO.

ver todos