O gabinete das marabillas de arxentino da rocha alemparte (Tapa blanda)

O gabinete das marabillas de arxentino da rocha alemparte (Tapa blanda)

Otras ofertas

28,0229,50-5%
Vendido por AG Libros
28,0329,50-5%
Vendido por IMOSVER
  • Envío GRATIS a España en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades -chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas...-, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos..., pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán. Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.


Detalles del libro
ISBN:
9788499146287
Fecha de Edición:
24-marzo-2014
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788499146287
Fecha de Edición:
24-marzo-2014
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
384
Dimensiones:
24 x 17
Idioma:
Castellano
Idioma original:
Gallego
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA
Número de edición:
1
Ilustrador:
Trigo, Ramón
Género:
Infantil 9-12 años - LECTURAS
Subgénero:
Literatura Infantil 9 a 12 años

Referencia:

006539713294 |

EAN:

9788499146287

Otros libros de IRENE PÉREZ PINTOS.

ver todos