Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

No ventre do silencio (Tapa blanda)

No ventre do silencio (Tapa blanda)

Otras ofertas

16,4417,30-5%
Vendido por AG Libros
  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Disponibilidad en Centros

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: " Cada xeración deberá fabricar a súa cidade " (Antonio Sant´Elia) , " Permitín á cidade entrar na miña mente " (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro " Troianos Redivivos " (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.


Detalles del libro
ISBN:
9788483023693
Fecha de Lanzamiento:
19-abril-1999
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
192
Dimensiones:
22 x 14,5 cm
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
1
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006522104147 |

EAN:

9788483023693