Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

Pensa nao (Tapa blanda)

Pensa nao (Tapa blanda)

Otras ofertas

16,4317,30-5%
Vendido por IMOSVER
16,4417,30-5%
Vendido por AG Libros
  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política. Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, " Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente " .


Detalles del libro
ISBN:
9788483024676
Fecha de Lanzamiento:
16-diciembre-1999
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
192
Dimensiones:
22 x 14,5 cm
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
1
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006522104444 |

EAN:

9788483024676