Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

Arrepíos e outros medos: Historias galegas de fantasmas e de terror (Tapa blanda)

Arrepíos e outros medos: Historias galegas de fantasmas e de terror (Tapa blanda)

Otras ofertas

15,5716,40-5%
Vendido por IMOSVER
15,5816,40-5%
Vendido por AG Libros
  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Disponibilidad en Centros

" Arrepíos e outros medos " recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.


Detalles del libro
ISBN:
9788497821940
Fecha de Lanzamiento:
1-septiembre-2004
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
168
Dimensiones:
22 x 14,5 cm
Idioma:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - LENDAS DE GALICIA
Número de edición:
1
Ilustrador:
García Lema, Álvaro
Género:
De 10 a 12
Subgénero:
Libros de Conocimiento

Referencia:

006539524154 |

EAN:

9788497821940