Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

Guerra civil: Que pasou en galicia e en españa (Tapa blanda)

Guerra civil: Que pasou en galicia e en españa (Tapa blanda)

Otras ofertas

19,2820,30-5%
Vendido por IMOSVER
19,2920,30-5%
Vendido por AG Libros
  • Producto con Envío GRATIS a España

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Disponibilidad en Centros

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou. Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente [...]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva galega dos feitos».


Detalles del libro
ISBN:
9788499142883
Fecha de Lanzamiento:
18-agosto-2011
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
384
Dimensiones:
24 x 17 cm
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - MEMORIA
Número de edición:
1
Género:
Historia de España
Subgénero:
Guerra Civil Española

Referencia:

006532312334 |

EAN:

9788499142883

Otros libros de FEDERICO COCHO.

ver todos