Fidel castro. A miña vida. Conversas con ignacio ram (Tapa blanda)

Envío en 48 Horas

Fidel castro. A miña vida. Conversas con ignacio ram (Tapa blanda)

Otras ofertas

25,8927,25-5%Vendido por AG Libros (Entrega en 7-10 días)
25,89Vendido por IMOSVER (Entrega en 72 horas)
  • Envío GRATIS a España en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet, publicado en Cuba co título Cien horas con Fidel, ven sendo un repaso demorado pola vida, a obra e o pensamento dunha das figuras máis destacadas da historia recente da humanidade. Esta é a edición completa do libro. No verán de 2006, Fidel Castro foi sometido a unha intervención cirúrxica por causa dunha crise intestinal aguda; meses despois a televisión tráenos as imaxes dun Fidel convalecente, cun bolígrafo na man: revisaba e completaba a primeira versión desta obra con novas revelacións inéditas sobre a súa infancia, a súa familia e a historia de Cuba, as relacións co Che, con Hugo Chávez e con Evo Morales, a política internacional e o futuro do socialismo. Como eran os seus pais? Onde e cando se forxou o rebelde? Estivo o mundo no límite dunha guerra nuclear durante a "crise dos mísiles"? Que significou a presenza do papa Xoan Paulo II na illa en 1998? Que pensa da globalización neoliberal, da guerra de Iraq e do presidente Bush? Por que as autoridades cubanas aplican unha política de arrestos contra opositores ao réxime? Por que permanece na lexislación cubana a pena de morte? Que fan centos de médicos cubanos en países diferentes de medio mundo? Existe corrupción no Estado? Que futuro para a revolución despois de Fidel Castro? As orixes galegas; os galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Opinións sobre Fraga Iribarne; e un capítulo especial para as relacións co Estado español, personificadas en Felipe González e José Mª Aznar son algúns dos temas abordados neste groso volume de máis de seiscentas páxinas que constitúe un amplo percorrido pola controvertida figura de Fidel Castro, ao tempo que un apaixonante relato sobre o pasado, o presente e o porvir da Revolución cubana.


Detalles del libro
ISBN:
9788497826853
Fecha de Edición:
21-noviembre-2007
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788497826853
Fecha de Edición:
21-noviembre-2007
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
664
Dimensiones:
24 x 17 cm
Idioma:
Gallego
Traductor:
García Crego, Xosé Manuel
Número de edición:
1
Género:
Biografías y Memorias
Subgénero:
Biografías y Memorias

Referencia:

006517457930 |

EAN:

9788497826853