As aventuras de said e sheila (Tapa dura)

As aventuras de said e sheila (Tapa dura)

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, viven nas páxinas deste volume as súas máis sorprendentes e arriscadas aventuras. Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, que temos que facer entre todos. E así o demostran en cada unha das súas aventuras viaxando do futuro ao pasado, e desprazándose no seu transportador por todo o planeta, dende a Antártida a Grecia, dende Suíza á Arxentina, dende Brasil á parroquia de Loreda, a aldeíña galega onde viven conectados ao mundo co seu ordenador, pacifistas, solidarios, defensores da xustiza e do medio ambiente, coa axuda da súa panda de amigos e amigas, saberán enfrontar con optimismo a aqueles que pretenden facerse donos do planeta. Todo o alento das mellores narracións de aventura e ciencia ficción, na primeira serie de personaxes da literatura galega dirixida a lectores adolescentes que Ramón Caride Ogando iniciou con Perigo vexetal, a novela gañadora do Premio Merlín na súa edición do ano 1995. Dende aquela, Caride e o ilustrador Miguelanxo Prado uniron os seus xenios creativos para ofrecer unha serie coidadísima que, ata agora, se completou con tres novas entregas, publicadas todas elas na colección Xerias Merlín: Ameaza na Antártida, O futuro roubado e o conto "A primeira aventura de Said e Sheila", incluído no volume colectivo Historias para calquera lugar. Xerais ofrece agora nun único volume, encadernado en cartoné, o conxunto da serie para disfrute dos milleiros de seguidores de Said e Sheila, os irmásn ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor.


Detalles del libro
ISBN:
9788483027066
Fecha de Edición:
30-noviembre-2001
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788483027066
Fecha de Edición:
30-noviembre-2001
Formato encuadernación:
Tapa dura
Número de páginas:
360
Dimensiones:
22,5 x 15 cm
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Número de edición:
1
Ilustrador:
Prado, Miguelanxo
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006522108734 |

EAN:

9788483027066

Otros libros de RAMON CARIDE OGANDO.

ver todos