Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

Enderezo descoñecido (Tapa blanda)

Enderezo descoñecido (Tapa blanda)

Otras ofertas

12,4013,05-5%
Vendido por AG Libros
12,89
Vendido por IMOSVER
  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

Información

Envío y devoluciones

Disponibilidad en Centros

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez. Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como " a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma " .


Detalles del libro
ISBN:
9788497826051
Fecha de Lanzamiento:
5-septiembre-2007
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
72
Dimensiones:
22,5 x 14,5 cm
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Inglés
Traductor:
Lázare, Emma
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
2
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006522116216 |

EAN:

9788497826051