O home e un grande faisan no mundo (Tapa blanda)

EDICIONS XERAIS DE GALICIA

O home e un grande faisan no mundo (Tapa blanda)

Información

Envío y devoluciones

O home é un grande faisán no mundo publicouse en 1986. O título é un refrán romeno que traslada a imaxe da torpeza do faisán, impedido de voar verdadeiramente, á torpeza e desgracia do home. Balada da espera dunha familia alemna nacida no Bánát, durante a dictadura de Nicolae Ceaucescu que desexa emigrar a Alemaña, onde estaban as súas orixes, a espera contando os anos e os días para obter o pasaporte que os leve á terra prometida. A marcha vaise converter no devalar do relato na necesidade dunha fuxida. O lector ou lectora pode realizar unha boa travesía por esta fermosa novela, disposta en cadros pequeneiros de prosa poética que se van ensarillando uns nos outros e van mostrando a complicada urdime da vida dunha aldea de Romanía.Ferinte prosa poética, por esta paisaxe adversa e abafante, poboada por animais e vexetais que nos transmiten crenzas populares, que nos avisan daquilo que vén herdado dende hai moito tempo. Unha boa travesía a través deses seres que son como o faisán no mundo, sufridores dos golpes da vida, sobrevivintes coa violencia.


Características
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
112
Dimensiones:
17,5 x 11 cm
Idioma:
Gallego
Traductor:
Meyer, Franck
Número de edición:
1

Referencia:

006522118436 |

EAN:

9788483026427