A memoria de mondariz balneario

A memoria de mondariz balneario

Autor:
Diaz
  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

"O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Álvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia", editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.".


Detalles del libro
ISBN:
9788497820233
Fecha de Edición:
7-agosto-2003
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788497820233
Fecha de Edición:
7-agosto-2003
Número de páginas:
96
Dimensiones:
26,5 x 21 cm
Idioma:
Castellano
Número de edición:
1
Género:
Viajes y turismo

Referencia:

006510125120 |

EAN:

9788497820233