A andoriña viaxeira (Tapa dura)

A andoriña viaxeira (Tapa dura)

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. o Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Á terraza da casa de Xela chega cada ano unha andoriña a facer o seu niño. Esta cóntalle a Xela o que viu sobre como viven os nenos e nenas do mundo. Artigo 9º O neno e a nena deben ser protexidos contra todas as formas de neglixencia, de crueldade e de explotación. De ningunha maneira serán sometidos a unha ocupación ou traballo que prexudique a súa saúde ou a súa educación, ou que dificulte o seu crecemento.


Detalles del libro
ISBN:
9788496893962
Fecha de Edición:
27-febrero-2009
Editorial:
BAIA EDICIONS
ISBN:
9788496893962
Fecha de Edición:
27-febrero-2009
Formato encuadernación:
Tapa dura
Número de páginas:
34
Dimensiones:
15 x 21,5 cm
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Ilustrador:
Solà Ortega, Carme
Género:
Infantiles y juveniles
Subgénero:
Obras Didácticas Infantiles

Referencia:

006539214566 |

EAN:

9788496893962