O valor do envoltorio (Tapa blanda con solapas)

O valor do envoltorio (Tapa blanda con solapas)

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envío GRATIS a España en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

"Este libro está dirixido a todas aquelas persoas que se preguntan como mellorar a educación coa mirada posta nas transformacións das TIC (ordenadores, equipos multimedia de CD-ROM, Internet, televisión dixital, tecnoloxía móbil...), tan omnipresentes en todos os ámbitos da nosa vida cotiá. A escola enfróntase na actualidade de maneira irreversible, aos retos de incorporación e apropiación das TIC; un dos principais é, sen dúbida, atopar o seu lugar nese proceso en función dos seus propios intereses educativos. Facelo require dun modelo no que teñan acomodo os patróns culturais cos que se socializan a infancia e a mocidade, favorecendo competencias culturais para comprender e utilizar os recursos expresivos das TIC e interpretar os seus discursos en clave sociopolítica. En definitiva, un compromiso cos niveis máis altos para todos os cidadáns no acceso á sociedade do coñecemento. Hoxe hai máis xente que accede á educación pero, ao tempo, aumenta a disparidade entre aqueles que gozan dunha cualificación suficiente para o mercado de traballo e os que quedan á marxe. O mundo en que vivimos ofrece máis e mellores opcións, pero tamén entraña maiores riscos e incertezas. O fundamental é a capacidade humana para xerar e utilizar o coñecemento de modo eficaz e intelixente sobre unha base en continua transformación. Nada mellor para iso que a educación e formación permanentes. Este libro quere ser así un canto ao valor da aprendizaxe como principio educativo e, de maneira especial, a quen o fai posible: as institucións educativas e o profesorado.".


Detalles del libro
ISBN:
9788497826471
Fecha de Edición:
30-octubre-2008
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788497826471
Fecha de Edición:
30-octubre-2008
Formato encuadernación:
Tapa blanda con solapas
Número de páginas:
464
Dimensiones:
21 x 13,1 cm
Idioma:
Castellano
Número de edición:
1
Género:
Pedagogía
Subgénero:
Aprendizaje Escolar

Referencia:

006532310668 |

EAN:

9788497826471