Auga que non vas beber

Auga que non vas beber

Autor:
Inacio

Información

Envío y devoluciones

VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Modalidade adultos. Con Auga que non vas beber..., Inacio Vilariño transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Entre os varios xogos de mañas e malicias, construídos polo padre, é notorio, da lectura do texto, que son moitas as referencias que remiten ao universo das tradicións populares portuguesas e galegas e que forman parte tamén das influencias das tradicións populares que compoñen o universo panhispánico do xénero. ... Inacio Vilariño, fai do acervo material da tradición oral, con raíces comúns, nunha oportuna colaxe dalgúns exemplos populares de antano aos nosos días, demostrando unha clara intención de rescatar todos eses materiais -que pola súa perennidade corren sempre o risco de caer no esquecemento- e aplicalos nun texto cheo de fulgor e vivacidade. Se ben é certo que algúns destes exemplos da tradición oral estiveron máis presentes na nosa memoria colectiva en épocas remotas, Auga que non vas beber... cumpre esa difícil e ardua tarefa de avivar o coñecemnto sobre o noso pasado, e que forma parte da identidade dos pobos, permitindo así a súa difusión na actualidade, a través dunha linguaxe capaz de abarcar diferentes idades e contribuíndo de forma clara á súa dinamización co público. Á marxe do VII Premio Barriga Verde que este texto conseguiu, non son as palabras ás que poden facer o mellor eloxio a este arguemnto mais si a súa representación. Só así, gañando vida as personaxes e as súas accións, poderemos facer xustiza á arte e enxeño de Inacio Vilariño. Prólogo de Paulo Moreiras (escritor portugués).


Detalles del libro
ISBN:
9788492630394
Fecha de Edición:
17-febrero-2010
Editorial:
BAIA EDICIONS
ISBN:
9788492630394
Fecha de Edición:
17-febrero-2010
Idioma:
Gallego
Género:
Infantiles y juveniles
Subgénero:
Obras Didácticas Infantiles

Referencia:

006539425568 |

EAN:

9788492630394

Otros libros de INACIO.

ver todos