Descubre la versión beta de la nueva web de El Corte Inglés pulsando aquí.

Arquitecturas da infancia: Escenarios e teatros na construción social da infancia (Tapa blanda)

Arquitecturas da infancia: Escenarios e teatros na construción social da infancia (Tapa blanda)

Autor:
Ramon Area
  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Click&Express. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

O que se lle require á saúde mental acerca dos nenos, é en si mesmo un síntoma. Un síntoma entendido como indicio da concepción social da infancia e da propia saúde mental. Neste libro os autores propóñense seguir unha particular metodoloxía para o estudo destas cuestións, situándose como eles mesmos sinalan nas marxes e as fronteiras do saber. Como sinala no prólogo Federico Menéndez, o neno é privado dun dereito: o ser capaz de sentir e sufrir, gozar e padecer, deprimirse e exaltarse, delirar e razoar, pero todo iso á vez que entra de pleno na economía de mercado, ata o punto de constituírse toda unha industria ao seu redor. Por iso os autores nos alertan e enmarcan a infancia nunhas coordenadas que permitan repensar a infancia sen os falsos aderezos e edulcorantes que emanan do ideal imaxinario das falsas e delicadas conciencias. A importancia decisiva que dan á noción de lugar e á de acción queda reflectida no título: arquitecturas e teatros. Tales arquitecturas, é dicir, os lugares destinados á infancia foron modificándose fondamente ao longo da historia. O seu modo de ocupalos, que dada a importancia do actuado máis que do pensado denominaron teatralidade, tamén sufriu importantes cambios. Estes elementos pertencentes á realidade máis tanxibel son os que lles permiten deducir cales son as características sociais da infancia. Así mesmo, as demandas de atención psiquiátrica ao neno analizadas desde un punto de vista histórico e cultural, revelan as friccións existentes nos diferentes discursos sobre a infancia.


Detalles del libro
ISBN:
9788484871798
Fecha de Lanzamiento:
14-abril-2010
Editorial:
LAIOVENTO
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
181
Dimensiones:
21 x 14
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Género:
Psicología y pedagogía
Subgénero:
Pedagogía

Referencia:

006532958631 |

EAN:

9788484871798