O regreso de Sherlock Holmes ; O can dos Baskerville ; O val do terror ; O último adeus ; O arquivo de Sherlock Holmes.
Este volume inclúe: -O regreso de Sherlock Holmes. -O can dos Baskerville. -O val do terror. -O último adeus. -O arquivo de Sherlock Holmes.
A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson.
Sherlock Holmes anotado recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle.
A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos.
Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.
Dimensiones: 28 (alto) x 21 (ancho) cm / Nº de páginas: 708