Retallos daquela infancia (Tapa blanda)

Retallos daquela infancia (Tapa blanda)

  • 5% de descuento en todos nuestros títulos en papel, excepto libros de texto. Exclusivo online.

    Válido solo para libros vendidos directamente por El Corte Inglés

  • Envíos a España 1€ y Envío GRATIS a España desde 19€ en Libros

    Excepto Entrega en 2 horas o a la hora que tú quieras. Solo para libros vendidos por El Corte Inglés.

Información

Envío y devoluciones

Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades... Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Álvarez emparentan con páxinas de Ánxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX.


Detalles del libro
ISBN:
9788499145303
Fecha de Edición:
23-julio-2013
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
ISBN:
9788499145303
Fecha de Edición:
23-julio-2013
Formato encuadernación:
Tapa blanda
Número de páginas:
200
Dimensiones:
22 x 14,6
Idioma:
Castellano
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
1
Género:
Novela - Narrativa
Subgénero:
Novela Española e Hispanoamericana

Referencia:

006522121943 |

EAN:

9788499145303

Otros libros de BAUTISTA ALVAREZ.

ver todos