Eventos de El Corte Inglés A Coruña

Cata de pan “Una cata con mucha miga” en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: El 15 de outubro
  • Horario: de 19:00 a 20:00
Cata de pan “Una cata con mucha miga”

El Corte Inglés A Coruña acolle unha cata de pan “con mucha miga”. A cita será o xoves 15 de outubro, ás 19:00 horas. Nela descubrirás os matices, aromas, texturas e sabores do pan artesán da man de Miguel Beade Nogueira, mestre panadeiro da Panadería Mercedes (Carral) e unha das figuras máis destacadas do sector en España.

Durante a cata, as persoas asistentes poderán degustar unha selección de elaboracións que reflicten tanto a tradición panadeira galega como a innovación e creatividade que caracterizan o traballo de Beade. Pan de curry con pasas e noces, pan de chocolate con noces, pan de aceitunas e noces, brioche francés e dúas versións do tradicional pan galego — unha elaborada con masa nai e outra con lévedo — permitirán apreciar as diferenzas entre ambos procesos de fermentación.

Ademais, o panadeiro compartirá a súa visión do oficio, os segredos da elaboración artesanal e a importancia de traballar con materias primas de calidade e tempos de fermentación axeitados para obter pans con personalidade propia.

Inscríbete desde o 24 de setembro no correo eventosacoruna@elcorteingles.es.

A cita chega nun momento especialmente destacado para Miguel Beade, que acaba de recibir en Bilbao a súa terceira estrela no certame 50 Panadeiros Top de España 2026, considerado un dos recoñecementos máis prestixiosos do país no ámbito da panadería artesanal. Quinta xeración dunha familia dedicada ao oficio, Beade xa obtivera este galardón nas edicións de 2022 e 2024, consolidándose como un dos grandes referentes nacionais do sector.

A súa vinculación coa panadería remóntase a comezos do século XX, cando os seus devanceiros elaboraban pan nos fornos comunitarios de Carral. Aquela tradición familiar evolucionou ata converterse na Panadería Mercedes, fundada en 1945 e hoxe recoñecida pola calidade dos seus produtos e pola súa firme aposta polas fermentacións lentas e os procesos artesanais.

Na actualidade, as elaboracións de Miguel Beade están presentes nalgúns dos establecementos gastronómicos máis destacados de Galicia, ademais de comercializarse no Club del Gourmet de El Corte Inglés da Coruña.

Con esta actividade, El Corte Inglés reafirma o seu compromiso coa promoción dos produtores locais e coa difusión da cultura gastronómica galega, ofrecendo experiencias que achegan ao público o traballo e o coñecemento dalgúns dos mellores artesáns da nosa comunidade.

A participación é gratuíta e as prazas son limitadas. Apúntate.

Categorías: Gastronomía

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400